O reclamo para as bandas galegas de poder actuar no Festival Noroeste Estrella Galicia xunto a bandas como Kaiser Cheifs, ademáis do incremento de premios na Batalla de Bandas que se celebra en outubro, xa coa participación de bandas do resto do estado, provocou que esta XIX edición do Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM alcanzase o récord de participación de todas as edicións celebradas dende 1997.
Son 140 bandas as que se presentaron a esta edición. Tarefa ardua para o xurado que comeza xa a traballar na selección para as duas fases. O xurado está formado inicialmente por 12 persoas de CUAC FM e nunha segunda fase incorpóranse 4 persoas con longa traxectoria no xornalismo musical para complementar o traballo dos voluntarios e voluntarias de CUAC FM. O prazo previsto nas bases para a resolución é o 20 de xuño. Vaise tentar cumplir, ainda que debido ao número de participantes non descartamos precisar dalgún día máis.
Lembrar que o global dos premios que se entregan nesta edición grazas á colaboración do Concello da Coruña asciende a 3.300 euros.

Na imaxe vemos a Anima, que foi a banda vencedora absoluta no ano 2013 do noso concurso a nesta edición do Festival Noroeste Estrella Galicia xa tocan por méritos propios. Alegrámonos moito.

Deixar unha resposta