Pese a ter xa 21 anos de vida, para CUAC FM é un momento de emoción comprobar como seguen a chegar persoas con gañas de comunicar,  de facer radio…

Hoxe mesmo, sábado 1 ás 17 horas, comeza o programa La Guardia de Walter, dirixido por Walter Nieves que promete interactuar con xente do seu país Venezuela e moito máis alá. Un magazine con novas de España e Países de fala hispana enfocado en Musica Tropical Latina e Caribeñas Europeas, House Music , Chilout e Djs con entrevistas …

E o luns 10 de abril teremos o debut de Cuak’n’roll ás 19 horas. Será un programa musical que fuxe das radioformulas e no que poderedes escoitar diversidade de xeneros… Rock , Blues , Country, Soul , Folk , Punk , Heavy Metal , AOR…

E xa temos quetando pola banda un novo programa que nos fai moita ilusión, tanto por quenes serán os compoñentes do equipo como porque será o programa 450 da historia de CUAC. En maio arrancan.

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.