O Colectivo de Universitarios Activos– CUAC-, asociación cultural propietaria da Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM, celebrará o sábado 21 de xaneiro a primeira asemblea ordinaria de 2017 á que están convocadas todas as persoas asociadas.

A asemblea está tamén aberta a calquera persona (non socia, colaboradora, simpatizante…) interesada en participar no proxecto.

A asamblea comezará ás 10:40 da mañá no CUR (Centro Universitario de Recursos), sito no Campus de Riazor, fronte á Casa da Auga.

Na asemblea informarase do estado das contas, das actividades realizadas polas diferentes coordinadoras de CUAC FM durante o ano 2016, nomeadamente, o XX aniversario de CUAC FM.

CONVOCATORIA

Lugar: C.U.R. (Centro Universitario de Riazor, fronte a Casa da Auga) Aula 1 (pranta cero)

Hora: Primeira convocatoria 10:40.  Segunda  convocatoria: 11:00

Orde do día.-
1.- Exposición e aprobación se procede das contas do exercizo 2016.

2.-  Exposición e aprobación se procede do orzamento para o exercizo 2017.

3.- Presentación do traballo desenvolvido polas coordinadoras en 2016.

4.- Plan de actividades 2017.

5.- Rogos e preguntas

DESCARGAS: 

MEMORIA ANUAL 2016 DO COLECTIVO DE UNIVERSITARIOS ACTIVOS

Deixar unha resposta