O programa “A FUME DE CAROZO” de CUAC FM celebrou recentemente os seus 200 programas en antena, e fíxoo dun xeito moi especial: cun fantástico vídeo homenaxe que compartimos con todos vós.

“A Fume de Carozo” é un obradoiro de radio que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz de A Coruña desenvolve na emisora comunitaria CUAC FM, e no que participan alumnado e profesorado de todas as etapas educativas.

Así mesmo, “A Fume de Carozo” pon os seus “micros” a disposición de outros centros educativos galegos que estean interesados en empregar a radio como un recurso pedagóxico e de dinamización lingüística.

“A Fume de Carozo” Emítense todos os martes de outubro a maio, de 17:00 a 18:00 h,

NORABOA aos creadores do vídeo e a todos os nenos e nenas, profesores e profesoras que pasaron polos micros de Cuac Fm ao longo destes 200 e pico programas. E que sexan moitos máis!!!

 

Deixar unha resposta