Hoxe, xoves 29 de Xaneiro pechando as actividades de 2016, CUAC FM proxectará o documental “10 anos de Radio Filispim” as 20 horas no Local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña na Rúa Olmos 18 1º andar con entrada libre.

A proxección deste documental seguiralle unha charla coloquio cos compoñentes da nosa emisora irmá da Terra de Trasancos

Unha vez rematada a proxección, sobre as 21:45-22:00 organizarase o clásico brindis para despedir o ano no local “A Franxa”, situado na rúa da Franxa nº32.

Se non podes asistir, que teñas un gran 2017, escóitanos nas ondas.

Deixar unha resposta