img_20161002_003313

The Royal Flash foi a banda gañadora do XVIII Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM segundo a decisión do xurado nada máis finalizar a Batalla de bandas celebrada na Sala Mardi Gras con bo ambiente  na sala. O segundo lugar foi para Sons of Meteora chegados dende Barcelona.

O concerto demostrou a alta calidade das duas bandas seleccionadas de entre as 155 que participaron este ano na convocatoria e que contou co patrocinio do Concello da Coruña. Entre os premios anunciados onte estaba tamén o da Mellor Banda Local. Por votación interna das persoas de CUAC foron 5 as bandas que obtiveron máis votos: Lady Leño, Sleepwalker, Mathew Ward, Diario de Verano e Morgen. Por escasísima marxe o premio de 400 euros e unha actuación nun evento de CUAC FM foi para Sleepwalker.

img_20161002_000513

Non queda máis que felicitar ás duas bandas que fixeron longas viaxes para estar na nosa final, agradecer ao público asistente que lle dese unha oportunidade a duas bandas que non coñecía de nada, a todas as bandas que participaron no concurso, á sala Mardi Gras por acollernos un ano máis, e ao Concello que aportase o financiamento para os premios tanto desta fase como da anterior na que catro bandas galegas participaron nos concertos do Festival Noroeste.

Grazas tamén ao xurado que  estaba composto por Pepe Cunha do programa radiofónico e web abretedeorellas.com, por Iago Blanco de Drum & Roll Studios (e músico) e por Paris Joel, xornalista de radio e tamén músico, ademáis de varios compañeiros de CUAC FM.

Sons Of Meteora

Sons of Meteora

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.