O xoves 3 de novembro viviremos o penúltimo concerto deste ano do ciclo Música Contada que organizamos no Baba Bar con motivo do XX Aniversario da nosa emisora. Nesta ocasión serán dous autores os que actúen: Robert Pier, presentando su disco Radiante e outros temas da carreira e Pablo Rubén Fernández, que ademáis é compañeiro da emisora. Serán de novo no Baba Bar, dende ás 21:00 e con entrada de 5 euros (2 para socias e socios de CUAC).

O ciclo permite interactuación cos artistas xa que o público pode realizar preguntas aos artistas o que enriquece moito a experiencia que se está a vivir nos 6 concertos que xa levamos do ciclo.

Lembramos que xa están á venda as entradas para ver a El Kanka o domingo 11 de decembro no Garufa Club (levaremos algunhas ao concerto do Baba Bar do xoves 3) no que será o concerto de peche dos actos do XX aniversario de CUAC FM.

pier-y-pablo-jpg

Deixar unha resposta