img_20161005_120322_416

En CUAC FM sempre tivemos a sorte de actuar coma unha especie de imán para o talento. Ao longo dos nosos 20 anos de historia pasaron polos nosos micros ducias de persoas que obtiveron recoñecemento nas diversas artes que practican.

Se este verán viamos como os pictogramas dos xogos olímpicos de Río do xornal estadounidense Washintong Post eran deseño de Álvaro Valiño (Como se crearon os pictogramas dos Xogos Olímpicos do Washintong Post), hoxe teremos a ocasión de asistir á entrega de premio de Relatos “Balbino” que gañou o xoven Xián Lois Alcayde Dans que acaba de comezar a carreira de Ciencias da Información en Madrid. Será ás 20:30 horas na Casa Museo Casares Quiroga, na rúa Panaderas. Entrada libre ata completar aforo.

 

Deixar unha resposta