cuac-equipo

A radio comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4, estrea coa chegada de outubro a sua 21ª Tempada en antena. Hoxe ás 11 da mañá Orión 2.1 e a continuación Xeración Bravú serán os programas que arranquen esta nova aventura.

A programación segue sendo realizada na sua totalidade por persoas (máis de cen) que emiten dun xeito voluntario e sen ningunha remuneración, pode escoitarse as 24 horas do día a través da fm da Coruña, da páxina web cuacfm.org e tamén nas aplicacións gratuitas para dispositivos android e apple.

Son 35 horas de emisión en directo con contidos propios moi variados. Dende programas divulgativos e culturais como pode ser o realizado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda baixo o nome de Recendo, ata o adicado a series de TV na sua totalidade “Spoiler“, pasando por musicais como Azucar Habanero ou Orión 2.1. Non falta o humor con Manda carallo, nin a denuncia social de Simplemente gente. Sen esquecer a fundamental labor do programa A Fume de Carozo que cada semán da un bautismo radiofónico a escolares de toda a provincia, nunha labor que pode abrir un mundo de posibilidades nas mentes da rapazada que nos visita os martes ás 17 horas.

A programación complétase con redifusións deses programas propios e coa incorporación de programas de calidade de moitas emisoras irmás. Dende a emisión en directo de Carne Cruda aos programas informativos como Democracy Now emitido en moitos países grazas a Amarc (Asociación Mundial de Radios Comunitarias), ata os programas de Radio Filispim de Ferrol (Ábrete de Orellas) ou Recuperando Memoria (adicado á Memoria Histórica) que nos chega dende Madrid.

Como novidade importante está a posibilidade de contactar con CUAC a través do whatsapp e do telegram a través do número 644 73 73 03 (que recomendamos gardar na axenda do teléfono). Tamén hai outras opcións de participar como son o chat da nosa web, os facebooks ou twitters dos diversos programas e o teléfono directo 881 01 22 32.

Sinalar por último, que a través da Escola de Radio de CUAC FM, continúan as formacións mensuais para formar parte da emisora e que estamos a só 5 novos programas de chegar aos 450 dende a inauguración en 1996. Para participar na emisora podes informarte neste enlace (Únete a CUAC FM) e despois escribir a comunicacion@cuacfm.org

Información detallada sobre a programación diaria neste enlace á programación semanal CUAC FM

pariilla-cuac-octubre-2016

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.