O vindeiro sábado 1 de outubro temos unha cita musical: A Batalla Final de Bandas de CUAC FM. A noite na que se decide o Primeiro e Segundo premios tras ver en directo ás duas bandas seleccionadas polo xurado: SONS OF METEORA dende Barcelona e THE ROYAL FLASH, dende Alcalá de Henares.

No evento de facebook da final iremos actualizando vídeos e enlaces as suas cancións para que podas coñecer a sua música. A entrada custa 3 euros para o público en xeral e 1 euro para socias e socios de CUAC FM. O concerto comenzará ás 23:00 e a orde de actuación farase por sorteo o mesmo día do concerto.

Foron 155 as bandas que enviaron as suas propostas e tras disfrutar no Festival Noroeste de catro bandas galegas seleccionadas no noso concurso, chegan agora as bandas que obtiveron a puntuación máis alta a nivel nacional. Pero deberán demostrar co seu directo se merecen o primeiro premio.

Podes ir escoitando os seus bandcamps: The Royal Flash e Sons of Meteora

Sons Of Meteora

sons-of-meteora-foto-oficial

The Royal Flash

the-royal-flash-foto-oficial

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.