Exteriores DDUO

O programa Dentro de Un Orden, de CUAC FM realizará mañá 28 de abril de 2016 un programa especial dende a Escola de Relacións Laborais da Coruña, coincidindo coa celebración do día do Patrón de Relacións Laborais na Escola.

CUAC FM realizará un programa especial dende a AULA Nº 3 a partires das 11:00 da mañá e ata as 13:00 horas.

Dúas horas de programa que se poderá escoitar a través da sintonía do 103.4 FM o sábado 30 no horario habitual de Dentro de Un Orden (sábados: 17:00- 19:00 horas).

Participantes.

O programa abordará a temática do voluntariado xuvenil en Galicia, para o que contaremos coa participación de dúas entidades destacadas de A Coruña: PAIDEIA e ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS

Entrevistaremos a Cristina Rodríguez, técnica responsable dos programas de voluntario europeo da Fundación Paideia.

Asimesmo, entrevistaremos a Juan Domingo Quintela,  membro do equipo de Educación para o Desenvolvemento de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, que presentará o programa de Voluntario Europeo de Inxeneria sen Fronteiras .

O programa contará tamén coas súas seccións habituais e que podedes volver a escoitar no arquivo sonoro: https://cuacfm.org/radioco/programmes/dentro-de-un-orden/

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.