Isa lema e Mariano Fernández na USC

Isa lema e Mariano Fernández na USC

CUAC FM participou noVI Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ que organizan na Universidade de Santiago de Compostela  a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP).

Os compañeiros Isa Lema e Mariano Fernández, impartiron unha sesión sobre o rol dos medios comunitarios como ferramentas de empoderamento cidadá e, concretamente, sobre  a emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM.

Na súa charla, os membros da coordinadora de organización e estratexia de CUAC, falaron da misión, visión e principios dos medios comunitarios, a situación de inseguridade xurídica que están a sufrir as radios libres e comunitarias no Estado Español, así como a participación da sociedade e os espazos de aprendizaxe que estamos a desenvolver en CUAC FM.

CUAC FM compartiu esta interesante sesión con Gerardo Vega da Fundación Forjando Futuros , que nos explicou a complexidade da negociación de paz en Colombia e o traballo da súa organización na restitución de terras. Contounos como empregan os medios de comunicación para facer chegar as demandas das vítimas á administración pública e para facer incidencia política.

O seminario ten como fin profundizar  no tratamento mediático da inmigración, a comunidade xitana, o xénero, a pobreza, a discapacidade ou a protección ambiental. E facelo da man de entidades do Terceiro Sector, investigadoras e xornalistas especializados. As sesións impártense entre o 25 de febreiro e o 12 de maio, os xoves de 16 a 20 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, que colabora coa iniciativa.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.