CUAC FM ten un rexistro histórico de todos os nomes dos programas que pasaron pola emisora dende que se inaugurou hai máis de 20 anos. Chegamos ao programa 441 neste mes de abril (“Se va a liar… y los sabes” é a última incorporación) e o obxectivo é rematar 2016 alcanzando, como mínimo, os 450 programas.

O pasado sábado fixemos doble formación en CUAC FM. Pola mañá foron quince persoas as que estiveron aprendendo a facer radio no local que compartimos no centro da cidade coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. E pola tarde, xa na emisora, parte deles completaron os tres módulos formativos (o resto rematarán a vindeira semán). En breve algúns deles estarán emitindo na radio comunitaria da cidade.

Se queres sumarte ao noso proxecto podes ler a información deste apartado na nosa web ou escribir a comunicacion@cuacfm.org

Únete a CUAC FM

cuac formacion

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.