pepe y silvia

A terceira edición dos Premios Martin Codax da Música Galega tiveron a dous gañadores cos que temos especial vinculación. Pepe Cunha de Ábrete de Orellas, programa de Radio Filispim que temos a sorte de redifundir en CUAC FM, levou o premio a Mellor Proxecto de Comunicación. E Silvia Penide, que realizou o programa Falcatruada na nosa emisora, gañou o Premio a Mellor Artista Pop/Indie.

Parabens a cada persoa que participou neste proxecto tan necesario para a música galega. Que duren moitos anos!

premiados m c

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.