Ciencia na Rua 2014

Ciencia na Rua 2014

A escola de radio e asociacionismo de CUAC FM impartirá o vindeiro mércores 6 de Abril as 19:00 un obradoiro de “Emisión radiofónica por streaming en exteriores“.

Neste curso, explicarase de forma práctica como facer un programa dende calquera sitio onde teñas un enchufe e unha conexión a Internet empregando o equipo de Exteriores de CUAC FM.

O obradoiro será impartido por Álex Cortiñas e Chema Casanova, membros da coordinadora de Tecnoloxía de CUAC FM. Os docentes contan con experiencia na emisión de exteriores dos diferentes programas comunitarios que se levan realizando nos últimos anos como o día da Ciencia na Rúa que ten lugar no parque de Santa Margarida o primeiro sábado de Maio.

INSCRICIÓN:

Para inscribirse no curso é preciso enviar un correo electrónico a formacion@cuacfm.org ata o luns 4 de Abril (Incluído). As prazas son limitadas. Na inscrición darase preferencia a unha persoa por programa e darase prioridade para os socios que teñen solicitado a realización dun programa de exteriores nos próximos meses.

PROGRAMA:

Curso: Emisión radiofónica por streaming en exteriores.

Data e hora de celebración: Mércores 6 de Abril de 19:00 a 21:00

Duración: 2 horas.

Lugar da docencia: CUAC FM. Escola de Radio e Asociacionismo, Lisboa 6, Campus da Zapateira, 15008 A Coruña.

Número de prazas: 6 prazas.

Inscrición: Enviar un correo a coa inscrición formacion@cuacfm.org ata do Luns 4 de Abril (Incluído)

No proceso de inscrición darase preferencia a unha persoa por programa e darase prioridade para os socios que teñen solicitado a realización dun programa de exteriores. No caso de que a demanda supera a oferta poderase organizarse outro curso nas seguintes semanas cunha emisión real o día da Ciencia na Rúa o 7 de Maio de 2016.

Material necesario para asistir ó curso:
Recomendase ós alumnos que asistan o curso cun ordenador portátil xa que se ensinará o software que se instala para unha emisión en exteriores tanto en GNU/Linux como en Windows.

Docentes: Álex Cortiñas & Chema Casanova. Membros da Coordinadora de Tecnoloxía. CUAC FM.

Que vou aprender: Como facer un programa dende calquera sitio onde teñas un enchufe e conexión a Internet empregando o equipo de Exteriores de CUAC FM.

Temario:

  • Como se xestiona un programa en exteriores.
  • Montaxe dun estudo en exteriores: mesa de misturas, micrófonos, auriculares, PC e conexión a Internet.
  • Montaxe do streaming para a emisión en directo.
  • A casuística da emisión en exteriores: problemas, solucións e anécdotas. Ou como prepararse para o que pode saír mal.

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.