CUAC FM no Encontro de Radios Alternativas de Ourense

CUAC FM no Encontro de Radios Alternativas de Ourense

CUAC FM desprazouse a semana pasada á cidade das burgas para participar no Encontro Luso-Galaico de radios alternativas, convidados polo proxecto radiofónico Radio Fedello.

O encontro tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo (campus de Ourense). Durante a xornada do xoves, xunto con CUAC FM, tamén participaron os proxectos radiofónicos “Mugre nas Ondas” de Radio Kalimera, e “O Clítoris da Raçao”, o programa feminista de Rádio Zero (Portugal).  Tamén interviron os representantes de “Radio Aurora, A outra Voz”, proxecto de radio e saúde mental hospital psiquiátrico Júlio de Matos (Lisboa).

Os compañeiros da coordinadora de Organización e Estratexia de CUAC FM, Mariano Fernández e Isabel Lema, desenvolveron unha ponencia sobre a historia dos medios comunitarios e a súa implantación en Galicia e no Estado español.

Fixeron especial fincapé tamén en aclarar a situación de inseguridade legal que están a vivir actualmente os medios comunitarios, á espera de que os tribunais de xustiza recoñezan un dereito que ata o momento os poderes públicos eluden.

De seguido, presentaron tamén exemplos prácticos de como se pode facer radio con pouco recursos, máis tamén con moita imaxinación. “O Colectivo, a xente é o fundamental, despois o resto vai máis ou menos rodado”.

cuac fm en Ourense

cuac fm en Ourense

“O fundamental é a diversión, pasalo ben, desfrutando, e pensando que fas un bo producto que lle vai gustar á audiencia”.

Nunha presentación que entremezclou imaxes, fotografías e arquivos sonoros da emisora, Isa e Mariano presentaron á audiencia exemplos de radio comunitaria: AR DE CORUÑA, o programa comunitario de CUAC FM, ISTO É GALEGO, o curso de galego de CUAC FM, LA RESISTANCE, unha radionovela sobre a liberdade, a beleza e o amor, ESPECIAL ELECCIÓNS LOCAIS, como exemplo dunha recente cobertura especial da emisora, DIA DA CIENCIA NA RÚA, facendo radio á pé da casa das ciencias da Coruña.

Éstes foron algúns dos exemplos sonoros cos que os participantes no Encontro Luso-Galaico de radios alternativas coñeceron un pouco máis a CUAC FM, sen esquecernos, por suposto do único programa de CUAC FM que se emite só en Fin de Ano, QNEP.

Preguntas para o debate e seguir traballando no futuro

O máis interesante da xornada foi, sen embargo, o debate que se produciu cos compañeiros de Radio Fedello de Ourense e cos proxectos chegados de Portugal, como o Clube Intercultural Europeo de Lisboa.

¿Cómo comezar unha radio universitaria sen apenas recursos? ¿Cómo chegar á cidadanía? ¿Cómo facer que os colectivos se unan á unha radio alternativa? ¿Cómo poden as radios comunitarias facilitar a participación dos colectivos en risco de exclusión? Preguntas que xeraron un debate moi enriquecedor e que nos plantexan futuras liñas de traballo compartido.

A nosa noraboa ao colectivo Radio Fedello por ter impulsado esta iniciativa e esperamos vernos en vindeiras feiras!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.