cuac-agora

Taller de radio impartido por CUAC FM no Centro Ágora en xuno de 2015.

 
Gústache escoitar a radio? Gustaríache aprender a realizar un programa nunha radio comunitaria? 

O venres 18 de setembro tes a oportunidade de ter o teu primeiro contacto co mundo da radio da man de CUAC FM. Se estás interesado, achégate ao Centro Ágora. (Rúa Ágora. 15010 A Coruña)  e inscríbete a partires do 7 de setembro ábrese o prazo de inscrición dun novo obradoiro de radio.

En só tres horas, locutores expertos e técnicos de son de CUAC FM ofreceranche unha formación práctica e divertida sobre a locución, a parte técnica, a produción e tamén breves nocións sobre o que é unha radio comunitaria.Que é unha radio comunitaria? Unha emisora sen ánimo de lucro na que calquera persoa ou colectivo pode colaborar. O único que é necesario é ter paixón por comunicar.

 

CUAC FM é a única que existe en Coruña. Emite desde 1996 no Campus da Zapateira e xa pasaron polos seus micros máis de 400 programas.

Se queres gozala como oínte, podes facelo a través do 103.4 de fm, de http://cuacfm.org/directo ou da nosa aplicación gratuíta para móbiles (Android, Apple ou Nokia). Posteriormente podes escoitar os nosos programas podcast. Ah, se queres séguenos en facebook ou twitter @cuacfm

IMPORTANTE: No caso de que o/a participante sexa menor de idade, deberá presentar autorización do pai/nai/titor/a legal, así como a copia do DNI da persoa que autoriza a participación.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.