Como todos os inicios de temporada CUAC FM organiza a súa Asamblea de socios. A asamblea de setembro é importante xa que escollemos os horarios de emisión desta tempada 2015-2016.

Asistentes Asamblea CUAC FM Septembro 2014

Asistentes Asamblea CUAC FM Septembro 2014

A asamblea celébrase este sábado 12 de setembro de 2015 e terá lugar na Aula 1 do Centro Universitario de Riazor (C.U.R) en primeira convocatoria ás 10:45, e segunda ás 11:00 A.M.

As asambleas de Cuac FM son abertas, polo que se estás pensando en facer un programa de radio ou queres coñecer como funciona a organización da asociación podes achegarte e serás ben acollido.

Lembrade que a asistencia é obrigatoria cando menos para unha persoa por programa, e que en caso de resultar absolutamente imposible asistir cabe a posibilidade de delegar. Coma sempre hai cambios, pero os de este comezo de tempada son bastante intensos e implican cousas que afectan directamente á emisión dos nosos programas.

Orde do día da Asamblea:

  1. Aprobación da acta anterior.
  2. Informe das coordinadoras.
  3. Plan de actividades da tempada 2015/2016. 20 aniversario.
  4. Elección de horarios para a tempada regular 2015/2016
  5. Pregos e cuestións.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.