Dende hoxe martes 15 de setembro ás 12h, despois dunhas merecidas vacacións durante o mes de Agosto, volve Carne Cruda a Cuac FM en directo. A novidade máis importante é que emitirán tres programas á semana, os martes, mércores e xoves de 12 a 13h.carne-cruda

Carne Cruda está a reclutar produtores para esta nova temporada, pero confiando en que alcance o mesmo orzamento que o ano pasado, farán un día máis a semana e programas dunha hora xa que o formato é mais sinxelo de escoitar e permite abarcar máis temas de actualidade cada semana, seguindo os consellos recibidos pola audiencia o final da pasada temporada.

Esta temporada Carne Cruda contará con novas seccións como “El Charco”, espazo patrocinado por Intermón Oxfam, no que cronistas de Latinoamérica contarán as realidades máis “crudas” ó outro lado do Atlántico. Lucía Lijtmaer (@lalitx) descubriranos os fenómenos culturais máis insólitos en Planeta Pop. No universo da ciencia adentraremonos con Natalia Ruiz Zelmanovitch (@bynzelman), e no dos libros con Silvia Nanclares (@silvink) e Silvia Herreros de Tejada. Cada día, Juan Gallego (@juangallegopint) regalarános GRATIS TOTAL unha viñeta de humor ácido sobre a actualidade.

Dende CUAC FM, a Radio Comunitaria da Coruña, damos a nosa benvida a nova temporada de Carne Cruda.

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.