Aplicación Movil de Isto e Galego

Aplicación Móbil de Isto e Galego

CUAC FM publica grazas o esforzo do noso compañeiro Fernado Souto a nova versión 1.1 do aplicativo móbil de Isto é Galego en Google Play. Esta nova versión permite desfrutar nos trebellos que contan con Android 5 do aclamado curso de Galego elaborado por CUAC FM. A nova versión ten suposto unha mellora da versión orixinal da App lanzada en 2012 mellorando os tempos de descarga dos 200Mb do curso de Galego unha vez instalada a aplicación.

Isto é galego foi un traballo de moitos meses, feito integramente por persoas voluntarias de CUAC FM que puxeron a súa creatividade, o seu esforzo e a súa ilusión para dispor dunha ferramenta útil para a nosa lingua propia. Isto é Galego tamén contou coa colaboración da Concellería de Mocidade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

Esperamos que vos divirtades escoitando Isto é galego tanto coma desfrutou CUAC FM creándoo. Isto é galego é unha produción de Cuac FM para a libre distribución baixo licenza Creative Commons

Descarga Isto é Galego dende a Play Store de Android.

Android App on Google Play

Android App on Google Play

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.