CUAC 2013 CIENCIA NA RUA

CUAC 2013 CIENCIA NA RUA

ESPECIAL DÍA DA CIENCIA DA RÚA 2013

A emisora comunitaria de A Coruña, Cuac FM, realizou un especial radiofónico desde a entrada da Casa das Ciencias, no Parque de Santa Margarida. Nel, falamos desta festa da ciencia que, ano tras ano, organiza a Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, e na que participan colexios da Coruña e outras partes de Galicia, ademáis de diferentes organizacións.

Cuac FM formou parte deste acontecemento cun programa conducido por Isa Lema e Esteban Fernández. A parte técnica recaeu en Sr Iverson (desde o parque) e Mariano Fernández (desde o Estudio José Couso, na Zapateira). As reporteiras do programa foron Mónica Alonso e María Ramírez. Na producción participaron Bea Ulalume, Roberto Catoira, Tomi Desastre e Javi Amado. Colaboraron na producción, Fernando Losada, Noel Miguélez, Laura Pazo, Tamara Meizoso, Roberto Fernández e Ángela Triana.

PRIMEIRA PARTE DO PROGRAMA

SEGUNDA PARTE DO PROGRAMA

Durante tres horas de programa entrevistamos a Javier Novelle, Pte. da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias; Basilio, participa na organización do día da Ciencia na Rúa; o IES Elviña; o colexio Andaina; Santiago Parra,

Falamos co director do Centro Oceanográfico da Coruña; Silvia Cedeira e Xoan Cardelle, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío; Xulio López, do Grupo Scout Hércules; Dani, Alén e Brenda, representantes das Bibliotecas Municipáis; Marcos Pérez, Director da Casa das Ciencias e Tucho Méndez, que nos falou das impresoras 3D;

Dentro dos centros educativo, entrevistamos ao alumnado do Colexio Calasanz; a Facultade de Ciencias; o Colexio Franciscanos (que nos falaron do cubo de Rubil); o CEIP Vicente Otero Valcarcel de Carral; Escola Infantil “As Galeras” de Oleiros; e moitas persoas, pequenas ou maiores, visitantes do Día da Ciencia na Rúa, que nos contaron as súas experiencias.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.