“TRECÉPOLIS”, o novo programa musical de Avelino Pérez, estrea o 1 de maio en CUAC FM

CUAC FM incorpora á súa programación “TRECÉPOLIS”, un novo espazo musical dirixido e presentado por Avelino Pérez que se estreará o 1 de maio e que aposta por unha viaxe sonora sen etiquetas. Será o programa 505 da historia de CUAC FM.

CUAC FM continúa ampliando a súa programación coa incorporación de “TRECÉPOLIS”, un novo programa musical dirixido e presentado por Avelino Pérez, que se estreará o vindeiro 1 de maio.

“TRECÉPOLIS” propón unha viaxe en busca da beleza a través da música, explorando sons de todos os tempos, de diferentes partes do mundo e de múltiples estilos. Un espazo pensado para a escoita relaxada e a descuberta musical sen etiquetas.

Detrás do proxecto está Avelino Pérez, recentemente xubilado e cunha paixón pola música que o acompaña desde sempre. “Non podo vivir sen música e escoito de todo tipo”, explica. Ademais, tamén sente unha especial conexión coa música clásica e coa escrita, actividade que desenvolve nun clube de escritura.

“TRECÉPOLIS” emitirase os venres de 16:00 a 17:00 horas no 103.4 da FM da Coruña, na emisión online e nas aplicacións móbiles de CUAC FM.

Con esta nova incorporación, CUAC FM continúa reforzando o seu compromiso coa participación cidadá e coa diversidade cultural, abrindo as ondas a novas voces da comunidade.

👉 Máis información: https://cuacfm.org/radioco/programmes/trecepolis/

Non perdas ningunha novidade de CUAC FM. Subscríbete á nosa newsletter!

Compartir