Cuac Fm, a radio comunitaria de Coruña, celebra o fallo do Tribunal Supremo que condena o Estado español a indemnizar á familia do reporteiro gráfico José Couso, asasinado en Bagdad en 2003 a mans do exército dos Estados Unidos.
A sentenza recoñece o dereito a unha indemninzación de 182.290 euros alegando que os cidadáns do Estado teñen dereito a protección diplomática algo que tanto o goberno español en 2003 como os sucesivos ata o momento omitiron. O maxistrado Wenceslao Olea considera que se deu “a calada por resposta”.
Cuac Fm sempre se posicionou con José Couso e a súa familia levando o seu nome o noso principal estudio de radio, na Zapateira, dende onde emitimos para toda Coruña diariamente.