Emerxencia climática, mundo rural, xénero e migracións e inclusión social; especiais que soarán en CUAC FM

Dentro da campaña ONDA ODS: o futuro e teu, CUAC FM emitrá entre setembro e outubro 4 magazines multilingües, cada un deles cun eixo temático principal: Emerxencia climática, Mundo Rural, Xénero, e Migracións e inclusión social

A principal característica destes espazos, realizados de forma conxunta pola ReMC, EMA-RTV, EMUGA e RTV Cardedeu, é que contan con seccións en castelán, catalán e galego dentro de cada un deles. Ditas seccións teñen o formato de entrevistas, reportaxes, identificación de bulos e enquisas a pé de rúa.

ONDA ODS: O futuro é teu é unha campaña radiofónica e audiovisual a nivel estatal que pretende sensibilizar a máis de 2 millóns de persoas en 11 comunidades dando visibilidade ás políticas públicas, iniciativas cidadás e privadas impulsadas desde o ámbito local e rural para o cumprimento da Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible.

ONDA ODS é un proxecto estatal promovido por unha alianza dos medios locais e alternativos: REMC- Rede de Medios Comunitarios, Radiofusión-EMUGA, EMA-RTV e Radio Televisió Cardedeu-La Xarxa. O proxecto pretende levar a cabo unha estratexia de comunicación local que sensibilice á cidadanía e fomente a reflexión e o debate arredor dos retos de desenvolvemento sustentable, de acordo coa AXENDA 2030 aprobada pola ONU.

Producida e emitida polas emisoras implicadas no proxecto, Onda ODS está a xerar unha serie de contidos radiofónicos e audiovisuais en múltiples formatos sobre a forma en que a Axenda 2030 contribúe á cohesión económica, á xustiza social, así como á sustentabilidade ambiental do noso territorio. A campaña Onda ODS ofrece ás audiencias de EMA-RTV, EMUGA, REMC, RTV Cardedeu e XARXA, espazos radiofónicos e audiovisuais en 3 linguas, adicados á análise, debate e reflexión sobre a consecución dos ODS e os seus impacto da cidadanía.

Non perdas ningunha novidade de CUAC FM. Subscríbete á nosa newsletter!

Compartir