Vellenials anuncia show en directo e esgota as entradas en poucas horas

Este xoves 15, os rapaces de Vellenials anunciaron durante a emisión do seu programa que realizarían un show en directo con público o próximo mes de xuño. As entradas, con un custe de 8€, puxéronse á venda nese momento. Ao finalizar o episodio máis da metade das entradas xa foran vendidas.

Episodio 4×32 de Vellenials

O evento, definido por eles mesmos como “show boutique, unplugged” polo reducido número de entradas dispoñibles, terá lugar no Don GIORGIO, no centro da Coruña, perto de Juan Florez; o 28 de xuño. Aproveitaron tamén para anunciar que están traballando nun show con máis localidades para o inicio da súa vindeira temporada que será a quinta do programa.

A audiencia de CUAC FM que os segue en directo cada xoves á noite tivo a oportunidade de mercar as entradas antes que ninguén e asegurar a súa asistencia a este show con público. Todos os episodios de Vellenials poden escoitarse no Radioco, o servicio de podcasts de CUAC.

Vellenials pode escoitarse en directo todos os xoves ás 22.00 na 103.4FM na Coruña e en calquera lugar do mundo coas nosas apps para Android e iOS totalmente gratuitas, que ofrecen a máxima calidade de audio sen ningún tipo de publicidade, ou na nosa web.

Vellenials

Compartir