XVII CONCURSO DE MAQUETAS CUAC FM 

FINALISTAS XVII CONCURSO DE MAQUETAS CUAC FM:

O XVII Concurso de Maquetas CUAC FM xa ten finalistas. O Xurado de CUAC FM, con data de 19 de setembro de 2015, fixo público que as dúas bandas que participarán na  final do concurso -que terá lugar o 17 de outubro na sala Mardi Gras da Coruña- son: Onion Smile e Bento Veloso & Los Doce Trinches.

Podes ver a información completa no apartado de NOVAS da nosa Web.

CONVOCATORIA DO CONCURSO:

CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, convoca, dende o 13 de xuño de 2015, a XVII Edición do Concurso de Maquetas de CUAC FM que anualmente, e dende hai 17 anos, vén realizando co obxectivo de apoiar aos músicos noveis.

CUAC FM repartirá un total de 1.500 euros en premios: 700 euros para “a mellor banda”, 500 € para a segunda seleccionada e 300€ para “a mellor banda local”.

Se queres participar necesitarás enviarnos 2 cancións propias (antes do 23/08/2015), non tener sello discográfico e poder actuar na final do concurso o 17 de outubro na Coruña. Interésache, a que sí?

Consulta as bases e enviános XA as túas cancións ao email: maquetascuacfm(arroba)gmail.com.

Grazas por facer música!