CUAC FM deixa de actualizar o seu perfil en X (antes Twitter)

Cuac quere contarvos que marchamos de X. Si, marchamos. E xa de paso convidámosvos aos que nos seguides a marchar tamén. Non é que tivéramos moitísimos haters, nin que fósemos a diana de moitos ataques na rede que menos ten de social, non é que non gozáramos dela no seu momento, ou que non sigamos a persoas e colectivos moi interesantes a través dela. O problema é que chegamos a un punto no que consideramos que o mero feito de manterse en X é ser cómplice de todo o que nesta casa tratamos de combater.