Cuac quere contarvos que marchamos de X. Si, marchamos. E xa de paso convidámosvos aos que nos seguides a marchar tamén. Non é que tivéramos moitísimos haters, nin que fósemos a diana de moitos ataques na rede que menos ten de social, non é que non gozáramos dela no seu momento, ou que non sigamos a persoas e colectivos moi interesantes a través dela. O problema é que chegamos a un punto no que consideramos que o mero feito de manterse en X é ser cómplice de todo o que nesta casa tratamos de combater.
GPUL, Grupo de Programadores e Usuarios de Linux, e CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, organizan un hackathon para mellorar Radioco, a aplicación de gravación e difusión de podcasts da radio comunitaria. Que é Radioco? Radioco é unha ferramenta de software libre creada por Iago Veloso usada actualmente por CUAC e que serve para
Proxección do documental “Nada que Ver” e coloquio sobre a historia e o papel da radio comunitaria na democratización mediática. Luns 4 de novembro na UDC-Fac. de Comunicación.
Posted by cuacfm">cuacfm in NovasIago Prada, director do documental “NADA QUE VER” e Isabel Lema Blanco, de CUAC FM, participarán o vindeiro LUNS 4 DE NOVEMBRO, a partir las 17:00 horas nunha actividade organizada pola facultade de CIENCIAS DA COMUNICACIÓN da Universidade da Coruña. As 17:00 horas no SALÓN DE GRAOS da facultade. Campus de Elviña.
CUAC FM: de emisora analóxica a radio dixital. Conferencia na FIC_UDC, martes 20.10 ás 18:00
Posted by cuacfm">cuacfm in NovasFernando Souto, membro da coordinadora de Tecnoloxía de CUAC FM, impartirá este martes 29 de outubro ás 18:00 horas, unha conferencia na aula 3.5 da Facultade de Informática da Universidade da Coruña sobre o proceso de transformación dixital da emisora comunitaria da Coruña.
Néctar levaron o primeiro premio e Twin Forest o segundo, nun dos resultados máis igualados nos últimos anos. A noite do sábado 12 de outubro foi a elexida na XXVI edición do Concurso de bandas e solistas de CUAC FM para a celebración da batalla de bandas. O premio Eva Coyote á Mellor banda local
Este sábado 12, Batalla de Bandas CUAC FM (Entrada gratuita): NÉCTAR VS TWIN FOREST
Posted by cuacfm">cuacfm in NovasA Sala Mardi Gras acolle este sábado ás 22:30 a Batalla de Bandas do XXVI Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM * Actúan as bandas Néctar de Madrid, ainda que con compoñentes coruñeses e Twin Forest de Valencia* * No cambio de banda entregarase o premio Eva Coyote a Mellor Banda local que
Programa Especial sobre a 37ª Edición do Festival Noroeste Estrella Galicia
Posted by comunicacion in NovasCUAC FM ofreceu o luns 5 de agosto un programa especial de duas horas de duración sobre o Festival Noroeste Estrella Galicia 2024. Un festival moi especial para toda a xente da Coruña que vive a música con intensidade. Un equipo de compañeiros con ampla experiencia no mundillo musical elaborou o programa con entrevistas aos
ONDA CIENCIA analiza o uso do galego na Intelixencia Artificial
Posted by cuacfm">cuacfm in Cobertura Especial Novas ONDA CIENCIA ProgramasNovo #OndaCiencia: “O uso do galego na IA”, presentado por @sabelabranco, con
@miguel_a_alonso, Sara Guerreiro Santalla e
@jparapar, afondamos no funcionamento dos modelos de IA xenerativa e o seu impacto na educación.
ONDA CIENCIA afonda na calidade de vida nas urbes nun episodio dedicado á construción e urbanismo sustentable
Posted by cuacfm">cuacfm in Cobertura Especial Novas ONDA CIENCIA ProgramasONDA CIENCIA afonda no coñecemento das das potencialiades dos modelos de construcción e urbanismo respectuosos co ambiente e coa saúde das personas.
Nectar dende Madrid (con coruñeses na formación) e Twin Forest dende Valencia serán as bandas que se disputen o primeiro posto, cun premio de 1.000 euros e o segundo, con 900€. Anota xa na túa axenda. Están nesa batalla entre 150 proxectos presentados! Quedan para máis adiante o Premio Eva Coyote á Mellor Banda Local
Xa temos as bandas galegas que gañan o XXVI Concurso de Bandas e solistas
Posted by comunicacion in NovasAs duas actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia na Coruña. Mañá daremos a coñecer as duas bandas clasificadas para a Batalla de Bandas. Xa confirmaron as duas que virán o 12 de outubro ata A Coruña. Parabéns as gañadoras!! Seguiremos informando.
ONDA CIENCIA analiza do discurso de odio nos medios
Posted by cuacfm">cuacfm in Cobertura Especial Novas ONDA CIENCIA ProgramasNo terceiro episodio de Onda Ciencia abordamos o “discurso de odio” coas profesoras Ana Aba, Ana María González e Montserrat Golías da @Universidade da Coruña
O XXVI Concurso de Bandas e solistas a piques de dar a coñecer as bandas gañadoras
Posted by comunicacion in NovasHoxe 1 de xullo os proxectos seleccionados, tanto a nivel galego, que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia, como para a Batalla de bandas que se celebrará o 12 de outubro na Sala Mardi Gras, recibiron a comunicación do seu premio. Faranse públicos os seus nomes en canto confirmen, tal como establecen as bases, que
Novo episodio de ONDA CIENCIA: “Saúde Mental”
Posted by cuacfm">cuacfm in Cobertura Especial Novas ONDA CIENCIA ProgramasA saúde mental é un estado de benestar que permite ás persoas desenvolveren todas as súas habilidades, aprender e traballar adecuadamente e contribuír á mellora da súa comunidade. A saúde mental é, ademais, un dereito humano fundamental. En ONDA CIENCIA dedicamos o segundo episodio desta tempada á saúde mental, para afondar nos factores que poñen en risco o noso benestar emocional.
Recibidos 150 proxectos musicais no XXVI concurso de Bandas e solistas de CUAC FM.
Posted by comunicacion in NovasComeza agora o traballo dos xurados para seleccionar ao gañadores das diversas categorías. A decisión farase pública o día 1 de xullo. Fai uns días remataba o prazo de recepción de proxectos no XXVI Concurso que organiza CUAC FM. Unha vez feitas as comprobacións de que todo estaba correcto no matería de cada concursante, comeza
CUAC FM e a UDC estrean 2.ª tempada de ONDA CIENCIA
Posted by cuacfm">cuacfm in Novas ONDA CIENCIA ProgramasComeza a segunda tempada de ONDA CIENCIA, o proxecto de divulgación científica en formato radiofónico e podcast, realizado conxuntamente por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña. ONDA CIENCIA conta tamén coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Ministerio de Ciencia, Innovación
CUAC FM convoca a XXVI edición do seu Concurso de Bandas e solistas a nivel estatal. Nesta convocatoria repártense 5000 euros en premios, mantendo o premio á Mellor Canción en Galego e consolidando o Premio Eva Coyote para a Mellor Banda Coruñesa. Dúas bandas galegas participantes actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia no mes de agosto. Podes participar se tes un
CUAC FM proxecta en Los Cantones Cines o documental “Nada que ver” o domingo 17 de marzo
Posted by comunicacion in NovasA Radio Comunitaria celebra os seus 28 anos de vida sonora que se cumplen este mes de marzo con dous actos culturais na cidade da Coruña. O venres 15 ás 19:30 preséntase o libro “Galicia Musicalidade. Unha terra feita de acordes”. Será na cervexaría Malte, nas Atochas, con entrada libre. Coa colaboración do Concello da