CUAC FM realizará este sábado un programa especial dende a Casa das Ciencias no Día da Ciencia na Rúa

Por cuarto ano consecutivo, CUAC FM realizará o vindeiro sábado 7 de maio, un programa especial, en directo, dende o Parque de Santa Margarida de A Coruña adicado á 21 edición do Día da Ciencia na Rúa. CUAC FM realizará un programa en directo a partires das 11:00 da mañá e ao longo de 3

A música galega premia a Silvia Penide e Ábrete de Orellas

A terceira edición dos Premios Martin Codax da Música Galega tiveron a dous gañadores cos que temos especial vinculación. Pepe Cunha de Ábrete de Orellas, programa de Radio Filispim que temos a sorte de redifundir en CUAC FM, levou o premio a Mellor Proxecto de Comunicación. E Silvia Penide, que realizou o programa Falcatruada na

O programa de CUAC FM “Dentro de Un Orden” realiza un programa especial dende a Escola de Relacións Laborais da Coruña

O programa Dentro de Un Orden, de CUAC FM realizará mañá 28 de abril de 2016 un programa especial dende a Escola de Relacións Laborais da Coruña, coincidindo coa celebración do día do Patrón de Relacións Laborais na Escola. CUAC FM realizará un programa especial dende a AULA Nº 3 a partires das 11:00 da

CUAC FM participa no VI Seminario ‘Xornalismo Social e Cooperación Internacional’ da USC

CUAC FM participou noVI Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ que organizan na Universidade de Santiago de Compostela  a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP). Os compañeiros Isa Lema e Mariano Fernández, impartiron unha sesión sobre o rol dos medios comunitarios como ferramentas de empoderamento cidadá

CUAC FM: Obxectivo 450.

CUAC FM ten un rexistro histórico de todos os nomes dos programas que pasaron pola emisora dende que se inaugurou hai máis de 20 anos. Chegamos ao programa 441 neste mes de abril (“Se va a liar… y los sabes” é a última incorporación) e o obxectivo é rematar 2016 alcanzando, como mínimo, os 450

Ábrete de Orellas finalista nos Premios Galegos da Música

O programa de Radio Filispim e páxina web Ábrete de orellas foi elexido finalista ao Mellor Espazo de Comunicación Musical nos III Premios Galegos da Música Martín Codax. O proxecto de comunicación dirixido por Pepe Cunha saberá se obtén o galardón o vindeiro sábado 28 de abril na gala que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Xeración Bravú entrevistou ao alcalde Xulio Ferreiro en directo no Estudio José Couso

O pasado sábado 16 de abril o programa Xeración Bravú realizaba un programa especial para despedir a sua tempada  radiofónica en CUAC FM. O alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, sumouse á celebración sendo entrevistado en directo no programa. Tamén podes escoitar a conversa telefónica con Miguel Anxo Prado o artista que debuxou ao Xabarín que

Cuac FM organiza unha charla coloquio co xornalista Xosé Mexuto, director de Sermos Galiza

O venres 15 de abril ás 20 horas terá lugar a segunda charla do “Observatorio da Comunicación” que organiza CUAC FM con motivo do seu XX aniversario. A entrada é totalmente libre ata completar aforo. Será na Sede da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos 20, A Coruña) que comparte CUAC FM coa citada Asociación. O convidado

CUAC FM colabora co IES Rafael Dieste nun proxecto de comunicación científica con alumnado de secundaria

  Alumnado e profesorado do IES Rafael Dieste de A Coruña, en colaboración con CUAC FM, visitaron esta semana pasada as instalacións de CUAC FM co fn de desenvolver un pequeno proxecto edu-comunicativo . Baixo a tutela do profesor Noel Miguélez, o alumnado do IES pudo desenvolver a grabación dunha serie de microespazos sobre contidos científicos

Curso de formación continua de CUAC FM: Uso do estudo de gravación Alexandre Bóveda

CUAC FM convoca un novo curso de formación continua sobre “Uso do estudo de gravación Alexandre Bóveda”. Data e hora de celebración: Luns 11 de abril de 19:30 a 21:00. Se queres inscribirte, envía un correo a formacion@cuacfm.org ata o sábado 9 de abril (incluído). PROGRAMA: Título: Uso do estudo de gravación Alexandre Bóveda. Docente: Álex Cortiñas,

Comeza un novo curso de iniciación á radio en CUAC FM. Apúntaste?

Este sábado 9 de abril, ás 11:30 da mañá comenza un novo curso de formación de iniciación á radio impartido polo equipo de formadores de CUAC FM. Se queres facer un programa de radio en CUAC FM, a nosa emisora dache a oportunidade de comezar con nós o ciclo de iniciación á comunicación radiofónica. Aínda

Brais Morán será o convidado deste mes no ciclo de concertos Música contada.

O venres 8 teremos o segundo concerto do Ciclo Música Contada que organizamos con motivo do noso XX Aniversario. Nesta ocasión disfrutaremos da presentación de Brais Morán que acaba de editar o seu disco “Cruzando o eclipse”, temas compostos por Brais e interpretados en galego como leva facendo ao longo da sua traxectoria musical. No

Vídeo para celebrar o XX Aniversario de CUAC FM

O pasado venres 1 de abril ducias de persoas que temos pasado pola emisora nestes 20 anos de emisións reunimons para unha cea con festa posterior. Vivimos momentos de emoción con moitos reencontros de xente que facía tempo que non viamos. Durante os postres puidemos ver unha serie de vídeos de moi diversas procedencias. Queremos compartir

CUAC FM presenta a nova programación de Abril de 2016

CUAC FM publica a súa grella de programación do mes de Abril. Este més damos a benvida ao novo programa “Se va a liar… y lo Sabes“, tamén recuperamos para os madrugadores a hora de música local entre las 6 e 7 da mañá as nosas queridas RqueR cambian de horario aos venres as 22

Radio Prometea dará unha palestra sobre o activismo en saúde mental no Centro Social A Comuna

O colectivo, que trata de visibilizar a saúde mental dende os dereitos fundamentais e a participación, forma parte da rede Hearing Voices Difundir perspectivas empoderantes dos movementos polos Dereitos do colectivo de persoas con diagnóstico psiquiátrico e dar unha oportunidade a estes homes, mulleres e nenos de falar libremente das súas experiencias son algún dos

Aberta a inscrición para o curso de emisión radiofónica en exteriores de CUAC FM

A escola de radio e asociacionismo de CUAC FM impartirá o vindeiro mércores 6 de Abril as 19:00 un obradoiro de “Emisión radiofónica por streaming en exteriores“. Neste curso, explicarase de forma práctica como facer un programa dende calquera sitio onde teñas un enchufe e unha conexión a Internet empregando o equipo de Exteriores de

Hoxe CUAC FM cumpre 20 anos de emisións

Cuac FM inaugurouse un 27 de marzo de 1996 e para que ninguén se esquecese, a TVG fixo unha reportaxe que agora si que podemos dicir que é histórica. Grazas a cada persoa que fixo posible esta aventura radiofónica dende o primeiro día ata hoxe. Viva CUAC FM !   E xa que estamos de

Clima 69, el nuevo programa musical de CUAC FM

El pasado febrero comenzó un nuevo programa de música en nuestra emisora pilotado por el DJ Coruñés Roberto Doldán. Después de una larga andadura por las salas de baile de toda la península, Roberto vuelve a CUAC FM para aportarnos la mejor música para bailar todos los jueves a las 23:00 horas en el 103.4FM.

1º de abril: Cea 20 Aniversario de CUAC FM Apúntate

IMOS DE CEA… IMOS DE FESTA! CUAC FM quere celebrar o seu 20 aniversario con unha gran festa na que reencontrarnos socios e socias de tódas as épocas, dende os programas recén chegados ata aqueles que puxeron a andar a nosa emisora en 1996. Convidámosvos a participar nunha cena aniversario que de seguro pasará a

CUAC FM participa no 2º Encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector en Madrid esta fin de Semana

CUAC FM participa no 2º encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector da Comunicación que ten lugar en Madrid no Centro Social Seco do Retiro e en  Matadero esta fin de Semana. O encontro ten lugar durante o trinta aniversario de  Radio Vallekas. Este sábado 12 de marzo concentrase a maioría das  actividades de participación

CUAC FM participa na campaña Women’s Voices de AMARC poñendo os dereitos da muller a exame

CUAC FM emite dende hoxe 8 de Marzo de 2016, día Internacional da Muller Traballadora, e todo o mes de Marzo, a reportaxe elaborada por CUAC FM “Os dereitos da muller a exame. Discriminación laboral, violencia de xénero e trato discriminatorio cara as mulleres na sanidade pública“. A reportaxe conta coa participación de María Castelo, Mónica Rodriguez

O Pleno Municipal do Concello da Coruña aproba unha moción de apoio a CUAC FM

O Pleno Municipal reunido o luns 7 de marzo de 2016, aprobou a moción de apoio ós medios comunitarios e en particular a emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM. Na sesión interviron José Manuel Sande (Marea Atlántica), Avia Veira (BNG-AA) e Fito Ferreiro (PSdG-PSOE). O Partido Popular manifestou a súa abstención. A moción de apoio foi presentada polo  grupo municipal

O Pleno municipal da Coruña debate esta tarde unha moción de apoio á CUAC FM

O Pleno Municipal do Concello da Coruña, que se celebra hoxe a partires das 17:00 en María Pita, debaterá unha moción de apoio aos medios comunitarios, e concretamente a CUAC FM. Esta moción coincide co 20º aniversario da emisora comunitaria da Coruña. CUAC FM comezou as súas emisións (en probas) un 8 de marzo de 1996.

Comeza un novo curso de iniciación á radio en CUAC FM

CUAC FM realiza tódolos meses o seu curso de iniciación á comunicación radiofónica dirixido aos novos socios e socias dentro do programa de actividades da escola de radio e asociacionismo de CUAC FM. Hoxe, 5 de Marzo, comezou un novo curso de formación co módulo de Asociacionismo e medios comunitarios impartido por Isa Lema. A

Sopas con Onda volve á CUAC FM (estreando a súa 7ª tempada)

Este mes, en CUAC FM, damos a benvida a un programa que volve despois de tomarse uns aniños de descanso e que emiten hoxe ás 22 horas… SOPAS CON ONDA! Falamos con un dos seus compoñentes, o amigo Víctor Grande que así nos describe a súa nova andaina en Cuac Fm. Chamámonos Sopas con Onda

CUAC FM presenta a programación de Marzo de 2016

CUAC FM publica a súa grella de programación do mes de Marzo. CUAC FM é unha radio comunitaria aberta á todas as persoas que queiran facer un programa de radio. Por iso, este mes damos a benvida a tres novos proxectos radiofónicos: – Sopas con Onda (martes 22:00) un programa de humor quincenal conducido por

Ciclo de Concertos “Música Contada” para celebrar o XX Aniversario de CUAC FM

A vinculación da radio e a música é innegable. Cantas cancións coñeces grazas á radio?  CUAC FM leva organizando concertos dende 1996. Agora, con motivo deste XX Aniversario teremos un ciclo titulado Música Contada. A idea é centrarnos nun formato con un ou dous músicos en escea, moitos deles con vinculación con CUAC que podan

Gala de entrega de Premios Enfoque en directo

CUAC FM é un dos medios candidatos aos Premios Enfoque na categoría de Medios do Terceiro Sector.  Non gañamos pero temos un representante presente na Gala de Entrega de Premios que se entregan o martes 24 de febreiro no Círculo de Belas Artes de Madrid. Se desexas podes ver a gala neste enlace de Youtube.  

El Manin e Álvaro Ruiz actuaron en Mardi Gras no XX aniversario de CUAC FM

O domingo 21 de febreiro celebramos o concerto “La Rebelión de los Actores secundarios” na Sala Mardi Gras. Os artistas andaluces Álvaro Ruiz e El Manin, compañeiros de El Kanka no esceario (que tamén ofreceu un par de cancións) fixeron disfrutar aos asistentes coas cancións que editaron nos seus respectivos discos. Unha noite fantástica dentro

El Manin e Álvaro Ruíz en concerto o domingo 21 de febreiro grazas a CUAC FM

Domingo 21 febreiro. Concerto “A Rebelión dos Actores Secundarios”: El Manin + Álvaro Ruíz Os músicos de El Kanka presentan os seus discos convidados por CUAC FM. Sala Mardi Gras. 20:00. Entrada: 5 euros. Socias e socios CUAC: 2 euros.