Onde conseguir o teu ‘Que bonitas son as ondas radiofónicas: 30 anos de CUAC FM’

O martes 30 de decembro, a poucas horas de finalizar 2025, CUAC presentou no Circo de Artesáns da Coruña o libro ‘Que bonitas son as ondas radiofónicas: 30 anos de CUAC FM’ nun emocionante acto. Como vos contamos, o libro púidose crear grazas ao convenio denominado “Ondas Comunitarias” entre a Concellaría de Cultura e Turismo do Concello da Coruña e CUAC FM. Nesta primeira edición, imprimiuse unha tirada de 800 exemplares que se repartirán de forma gratuíta.

As persoas que nos acompañaron na presentación do libro xa levaron o seu exemplar do mesmo e agora é o momento para que, se queres, consigas o teu totalmente de balde. Só tes que achegarte a algún dos locais, mecenas de CUAC, que colaboran connosco no reparto desta obra. Son os seguintes:

Agardamos que disfrutes da lectura!

Non perdas ningunha novidade de CUAC FM. Subscríbete á nosa newsletter!

Compartir