Noticias de A Coruña comeza en CUAC destacando a ruta cancelada no aeroporto da Coruña e as inversións no CHUAC

CUAC FM estreou o venres 11 de abril o informativo local Noticias de A Coruña, un programa feito por Intelixencia Artificial que selecciona as novas locais máis importantes do día. Emilia e Marina compartiron coa audiencia de CUAC a súa “emoción” por este “momento histórico” na radiodifusión estatal.

Nestes dous primeiros episodios de Noticias de A Coruña puidemos escoitar unha selección de noticias que a IA considerou importantes. Por exemplo, entre as noticias seleccionadas atopábase a cancelación por parte de EasyJet da ruta Ámsterdam-Coruña, o déficit da Universidade da Coruña ou o empréstito da Xunta e o Banco Europeo de Inversións para a construcción do novo CHUAC.

No segundo episodio, emitido o sábado 12, as noticias seleccionadas foron o inicio, sen chuvia, da Semana Santa coa procesión da Virxe das Dores, o CHUAC recibe o 100% dos fondos europeos de transición xusta e a celebración na nosa cidade do Día Mundial do Párkinson.

Podes escoitar os episodios xa emitidos no Podcast de Noticias de A Coruña en Spotify:

Noticias de A Coruña voltará á ondas coruñesas o luns 14 con máis noticias de ámbito local. O informativo emítese de luns a sábado ás 7.00 e ás 14.00 en CUAC FM.

Compartir