Finalizaron as votacións do XXVII Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM: SCARECRÖW e LERIA actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia

Onte, 30 de xuño, finalizaron as votacións dos Xurados do XXVII Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM. Dende ese momento, dende a organización do concurso estivemos contactando cos proxectos gañadores por orde de votos.

Xa podemos confirmar que as duas bandas galegas que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia son Scarecröw e Leria. Parabéns!

Nos vindeiros días daremos a coñecer tamén as duas bandas clasificadas para a Batalla de Bandas e os gañadores do Premio Eva Coyote á Mellor banda local.  Tamén se publicarán duas bandas suplentes por se houbese algunha indicencia.

Grazas ás máis de 120 bandas e solistas que se presentaron ao Concurso nesta edición. 

Compartir