CUAC FM presenta a nova programación de Abril de 2016

Grella de programación Abril 2016
Programación CUAC FM Abril 2016. * Programas en semanas alternas ** Semanas alternas directo/diferido *** Directo Xeración Bravú: 1º e 3º sábado do mes / Directo Ar de Coruña: 2º sábado do mes

CUAC FM publica a súa grella de programación do mes de Abril. Este més damos a benvida ao novo programa “Se va a liar… y lo Sabes“, tamén recuperamos para os madrugadores a hora de música local entre las 6 e 7 da mañá as nosas queridas RqueR cambian de horario aos venres as 22 cada dúas semanas  a partir da próxima semana.

O noso novo programa Se va a liar… y lo Sabes, que se estrena este sábado as 23:00 emitirase todalas semanas nesa franxa horaria (redifusión martes 10:00), defínese como “o magacín onde as cousas que están fora de lugar vanse sentir como na casa”. Elaine e Bruno, cada un coa súa visión, ela de letras e el de ciencias tocarán os temas como os deportes alternativos, banda deseñada, videoxogos, librose  peliculas. A noite é o seu escenario e o frikismo a súa sinal.

Por suposto, continúan os outros magazines de Cuac FM,  como son Sin Etiquetas, Radioactiva, RqueR, Xeración Bravú, Dentro de Un Orden e Radiantes FM.

Ou os nosos coñecidos programas de análise política e social coma El Desinformativo, Alegría, Simplemente Gente e Cuac está a Pasar. Sen esquecernos de programas especializados en cultura galega –Recendo– e axenda cultural local- Café con Gotas e Ondas do Cárcere-, educativos-A Fume de Carozo-,  no mundo seriéfilo- Spoiler– e os deportes, por suposto os luns polo serán de man de Falso Nueve.

En CUAC FM poderás escoitar programas especializados en música clásica “Una Noche en la Ópera ou Rock & Roll, Circo Pirata e mi rollo es el rock. Estarás ao tanto da actualidade musical con “Fantasma Accidental“, escoitarás as versións sonoras propostas por Reversión; o último da música electrónica da man de Multiplex, e o mellor programa de música latina: “Azúcar Habanero“.

Aínda queda espazo na nosa grella para que poidas facer o teu programa de radio.  Tes ideas que traernos ao 103.4 da FM coruñesa? Mándanos un email a comunicacion@cuacfm.org e contanos a túa idea!

Tamén temos oco para prorgamas externos doutras emisoras libres ou comunitarias.

PROGRAMAS EXTERNOS
(1) Democracy Now! + Boletín medioambiental Radio Cerna (7) http://labibliotecaperdida.blogspot.com.es/
(2) Amnistía Internacional + Democracy Now! Columna de Amy Goodman (8) http://www.metropolesdelirantes.com/
(3) Democracy Now! Resumo semanal (9) el diario.es, carnecruda.es
(4) Radiofusión – Galiza (10) 97 irratia, Bizkaia
(5) Radio Ritmo – Getafe (11) Artegalia – Alacant
(6) Rádio Filispim – Ferrol (12) Radio Burela
(13) https://www.facebook.com/ORecantoDoCorcovado/
CONTINUIDADE
Na continuidade de Cuac FM poderás escoitar: ISTO É GALEGO (curso de galego), LA RÉSISTANCE (radioficción), CACHOS DE PELIS, reportaxe polo Día da Muller, música, poesía, microteatro, relatos de produción propia…

Compartir