CUAC FM nas “I Xornadas sobre Economía de Guerra” da EIS

Xornadas Economia de Guerra
CUAC FM nas I Xornadas de Economía de Guerra da EIS

Con motivo das “I Xornadas sobre economía de guerra, propostas alternativas á industria do audiovisual actual”, Cuac FM realizou un programa especial desde a Escola de Imaxe e Son da Coruña, onde escoitamos entrevistas, música e un repaso do que ían ser as xornadas.

O equipo de CUAC FM  entrevistou no programa a:
– Jaime Raimúndez, organizador e director destas xornadas, que nos falou do lema “Somos os elixidos”.
– José Manuel Sande, que nos falou do proxecto Galiza Ano Cero.
– Mar e Hugo da Productora e Cooperativa Prenom.
– Javi Camino e Estela Caminova, en representación de la productora independiente Magnetova Enternainment.
– Gustavo Pernas, profesor da EIS, con quen falamos de teatro.
– Moncho Conde Corval, en representación de Nove Olas Produccions.

Así mesmo, soaron en emitimos en antena temas dos grupos “Terbutalina”, “Bough!”, “Metralletas Lecheras”, “Lendrone”, “Telephones Rouges” e “Unicornibot”.

Conducción: Julia Huertas e Javi Cortiñas
Rexidor: Noel Miguélez.
Técnico de son: Alejandro Cortiñas, Andrés Abulla.
Técnico de son (Estudio José Couso): Mariano Fernández.
Producción: Xoán Rábade e Bea Ulalume

Tamén desvelamos a gañadora do Concurso da estancia en Ibiza: Cristina Flor Otero.

Non perdas ningunha novidade de CUAC FM. Subscríbete á nosa newsletter!

Compartir