
- Cando: Xoves 19 de xuño. 18:00 horas
- Onde: Espacio “O Cubo”, edificio de A NORMAL (Paseo de Ronda, 47, Campus de Riazor, A Coruña).
- O programa será emitido en CUAC FM, e tamén difundirase a través da Rede Estatal de Medios Comunitarios (REMC), así como na Web do proxecto estatal ONDA ODS.
- CUAC FM abrirá os seus micros ao público presente na sala, para que compartan as súas reflexións, a súa experiencia ou formulen preguntas ás persoas expertas.
A Coruña, 13 de xuño de 2025. CUAC FM, a Emisora Comunitaria da Coruña, convida á cidadanía coruñesa a participar no coloquio radiofónico que emitiremos o vindeiro XOVES 19 DE XUÑO, en horario de 18 a 20 horas, no espazo O CUBO do edificio de A NORMAL.
O coloquio desenvolverase baixo o título “CIDADES QUE COIDAN… DOS MÁIS VULNERABLES” e abordará dende una perspectiva sistémica problemáticas como a loita contra a pobreza e a exclusión social, a desigualdade, desde unha óptica interseccional e o desafío demográfico. Así mesmo, dende un enfoque transversal, analizaremos o papel que xogan as cidades e o urbanismo na calidade de vida das persoas e na redución dos riscos de vulnerabilidade.
Participarán como persoas expertas nas diferentes temáticas abordadas as seguintes convidadas:
- Xosé Artur Cuns Traba. Empresario Social. Director da EAPN-European Anti Poverty Network en Galicia.
- Beatriz Piñeiro Lago. Doutora en mediciña. Responsable das Comisións de Medio Ambiente e Sustentabilidade e Saúde e Social para España da EUW- European Union Women. Especialista en mediciña preventiva, saúde pública, mediciña familiar e comunitaria. Coordinadora da Estratexia de Economía Circular do SERGAS. Especialista en innovación e sustentabilidade en saúde.
- Nieves Rodríguez Brisaboa. Catedrática no Departamento de Computación da Facultade de Informática (UDC). Premio Ángela Ruiz Robles de Informática (2019). Presidenta da Asociación LARLILAS, que promove un novo modelo de envellecemento activo baseado na autoxestión.
- Laura Oso Casas. Catedrática de Socioloxía (UDC). Subdirectora do CISPAC- Centro Interuniversitario de Investigación sobre Paisaxes Culturais Atlánticas.
- Cristina García Fontán. Doutora e profesora de arquitectura (UDC), experta en hábitat urbano (“Nova Bauhaus”), solucións baseadas na natureza e deseño de espazos urbanos con perspectiva social e participativa. Coordinadora do Grupo de Investigación Persona-Ambiente da UDC.
- Cristina Botana Iglesias. Doutora en Arquitectura y Urbanismo. Investigadora postdoutoral Juan de la Cierva no Dpto. de Xeografía da USC. Especialista en urbanismo feminista, dereito á cidade e infravivenda.
- Xosé Gabriel Vázquez Fernández. Psicólogo Social e doutor en socioloxía. Coordinador do “Atlas Urbano da Sustentabilidade en Galicia” (2025). Premio Internacional de Ensaio Diderot 2019 pola obra “Guía existencial para (el) ser humano”.
O coloquio estará presentado e moderado pola locutora de CUAC FM, Isabel Lema.
Xunto con estas persoas convidadas expertas, o CUBO está aberto a calquera persona ou entidade que teña coñecemento, experiencia ou bagaxe nas temáticas abordadas. CUAC FM abrirá os seus micros ao público presente na sala, para que compartan as súas reflexións, a súa experiencia ou formulen preguntas ás persoas expertas.
Sempre dende un ánimo construtivo, co fin de deseñar, entre todos e todas, un modelo de cidade máis acolledora, inclusiva e sostible, con especial sensibilidade cara aos máis vulnerables fronte á emerxencia climáticas, como son as persoas en risco de pobreza, as persoas migrantes, mulleres ou as persoas maiores. Construamos, entre todas, cidades que coidan das persoas.
ENTRADA LIBRE E GRATUITA ATA ESCOTAR A CAPACIDADE DO ESPAZO.
