CUAC FM acolle a 2ª edición do Encontro de Mulleres Radiantes

Cuac FM, a radio comunitaria da Corña, organiza os días 17 e 18 e xaneiro o II Encontro Estatal de Mulleres Radiantes, destinado á formación e empoderamiento de comunicadoras sociais pertencentes ás radios comunitarias e no que participarán 60 persoas achegadas dende todo o estado.

Radio Barrio chega este sábado ao Centro Cívico de Monte Alto

Radio Barrio é un proxecto de CUAC FM dentro do ciclo de actividades Cultura de Barrio do Concello da Coruña. A idea é consiste en realizar un Programa de Radio sen límites, cheo de imaxinación e misturando ideas e coñecementos de artistas da cidade de diversas disciplinas. Pode inscribirse xente da Coruña maior de idade.

CUAC FM participa no obradoiro “Construíndo redes para unha comunicación alternativa” (16-17 xullo de 2016)

Obradoiro: “Construíndo redes para unha comunicación alternativa” Publicamos o programa actualizado do obradoiro “Construíndo redes para unha comunicación alternativa” (16-17 xullo de 2016). A inscripción é gratuíta. Aínda estás a tempo de apuntarte! Cando? 16 e 17 de xullo de 2016 Onde? Na Aula Náutica da Universidade da Coruña (Dique de Abrigo. Paseo Marítimo da Coruña).  Sesión

Programa das xornadas de CUAC FM “Comunicación para a dinamización cultural, a inclusión social e o desenvolvemento comunitario”

“Xornadas de comunicación para a dinamización cultural, a inclusión social e o desenvolvemento comunitario” 15-16 xullo, 2016   Venres 15 de xullo. 17:00. Panel. COMUNICACIÓN, LINGUA E CULTURA PROPIAS: OS ROL DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PARA A PROMOCIÓN DO GALEGO. Presenta: Isabel Lema.  CARLOS CALLÓN. Mesa pola normalización lingüística. Políticas e estratexias para a normalización

CUAC FM participa no VI Seminario ‘Xornalismo Social e Cooperación Internacional’ da USC

CUAC FM participou noVI Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ que organizan na Universidade de Santiago de Compostela  a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP). Os compañeiros Isa Lema e Mariano Fernández, impartiron unha sesión sobre o rol dos medios comunitarios como ferramentas de empoderamento cidadá

Radio Prometea dará unha palestra sobre o activismo en saúde mental no Centro Social A Comuna

O colectivo, que trata de visibilizar a saúde mental dende os dereitos fundamentais e a participación, forma parte da rede Hearing Voices Difundir perspectivas empoderantes dos movementos polos Dereitos do colectivo de persoas con diagnóstico psiquiátrico e dar unha oportunidade a estes homes, mulleres e nenos de falar libremente das súas experiencias son algún dos

CUAC imparte un obradoiro sobre o programa de grabación automática de emisión: RADIOCO

CUAC FM participou o pasado sábado 23 de xaneiro de 2015 na “Xornada de ondas libres e comunitarias” organizada pola radio libre compostelá A Kalimera. Durante a mañá, as radios integrantes da REGARLIC debatiron sobre as problemáticas comúns e estratexias compartidas polo terceiro sector da comunicación en Galicia. O sábado pola tarde, desenvolveronse unha serie

CUAC FM participa no coloquio “Medios de comunicación alternativos: outras formas de comunicar a política”

CUAC FM participou o pasado 30 de xaneiro nun coloquio organizado na Coruña por Marea Atlántica no que se debateu sobre as praxes e viabilidade dos medios de comunicación alternativos. Xunto con Isabel Lema, compañeira de CUAC FM, participaron tamén na mesa, Ana Álvarez, xornalista de Diagonal, Miguel Pardo, de Praza Pública, Antonio Albadalejo de

CUAC publica el libro de conclusiones del “Encuentro 14”, el Encuentro Europeo de Medios del Tercer Sector.

CUAC FM ha publicado recientemente la memoria que recoge las conclusiones del Encuentro Europeo de Medios del Tercer Sector: “El Tercer Sector de la Comunicación: creando redes para el intercambio de conocimiento y la comunicación social”. El “Encuentro 14” se celebró en A Coruña en 2014 y en el que participaron más de cien comunicadores

CUAC FM participará na “xornada de ondas libres e comunitarias” impartindo un obradoiro de streaming e “RadioCo”

Unha delegación de CUAC FM participará este sábado 23 de xaneiro de 2015 na “Xornada de ondas libres e comunitarias” organizada pola radio libre compostelá A Kalimera. Durante a mañá, as radios integrantes da REGARLIC debatiremos sobre as problemáticas comúns e estratexias compartidas polo terceiro sector da comunicación en Galicia. O sábado pola tarde, desenvolveranse

Publicado o vídeo do relatorio “Software libre nunha Radio Comunitaria: o caso de CUAC FM”

A Amtega (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia) ven de publicar os vídeos de “casos de éxito no terceiro sector” presentados durante a “I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs e Entidades de Acción Social”, que tivo lugar o pasado 22 de outubro no edificio CINC da Cidade da Cultura no que

CUAC FM participará este xoves en Compostela na “Xornada de Boas Prácticas de Software Libre para ONGs”

CUAC FM leva moitos anos empregando Software Libre para realizar a súa defensa do dereito da comunicación. Na tarde do  xoves 22 de outubro compartiremos na “I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs e Entidades de Acción Social”  como facemos radio sacando proveito de diferentes  programas de software libres que nos axudan

CUAC FM participa no II encontro Cidadanía e Comunicación da USC

O proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), desenvolvido por 5 grupos de investigación galegos, dentro da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), organizou o II Encontro Cidadanía e Educomunicación: das representacións ás participacións. O encontro celebrouse entre na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e contou cunha ponencia

CUAC FM imparte un obradoiro sobre radios comunitarias no campus de Ourense

CUAC FM desprazouse a semana pasada á cidade das burgas para participar no Encontro Luso-Galaico de radios alternativas, convidados polo proxecto radiofónico Radio Fedello. O encontro tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo (campus de Ourense). Durante a xornada do xoves, xunto con CUAC FM, tamén participaron os proxectos radiofónicos

CUAC FM imparte un taller de radio no centro Ágora

O pasado venres, CUAC FM impartiu unha nova edición do “taller de radio” para mozos e mozas, que organiza en colaboración co Centro Ágora do Concello da Coruña. Ao longo de tres horas, os participantes puideron coñecer dunha maneira práctica e amena como se produce un programa de radio en CUAC FM, enfrontáronse por primeira

“Como configurar o streaming de Internet para gravar e arquivar os seus fluxos de audio”

Taller impartido por Chema Casanova, membro da coordinadora de Tecnoloxía de CUAC FM, na CAPTCHA Conference “Living Archives” organizada pola emisora comunitaria alemá Radio Corax.  How to setup your internet streaming to record and archive your audio streams from Chema Casanova CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña fundada en 1996, fai streaming de audio

“As radios comunitarias consolídanse como espazos de educación non formal para a mocidade”

CUAC FM participou a semana pasada no XII Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía, no que a compañeira Isabel Lema, coordinadora de CUAC FM e investigadora do proxecto de investigación “LOS JÓVENES Y EL TERCER SECTOR DE LA COMUNICACIÓN EN ESPAÑA” presentou un avance dos resultados de dito proxecto. Na súa ponencia, Isa Lema amosou aos

Xa podes inscribirte no obradoiro de iniciación á radio do 18 de setembro (Centro Ágora)

  Gústache escoitar a radio? Gustaríache aprender a realizar un programa nunha radio comunitaria?  O venres 18 de setembro tes a oportunidade de ter o teu primeiro contacto co mundo da radio da man de CUAC FM. Se estás interesado, achégate ao Centro Ágora. (Rúa Ágora. 15010 A Coruña)   e inscríbete a partires do 7

CUAC organizou un obradoiro de radio no centro Ágora

A Escola de Radio de CUAC FM desenvolveu o pasado venres 12 de xuño un obradoiro de radio, co apoio do concello da Coruña (Centro Ágora). O obradoiro, no que participaron 10 mozos e mozas menores de 35 anos, abordou os aspectos baśicos da produción e locución radiofónica, a comunicación comunicación e o traballo dos

CUAC presenta o seu novo sistema de grabación automática de audio na Captcha Conference de Alemaña.

Os coordinadores de tecnoloxía de CUAC FM, Chema Casanova e Fernando Souto presentaron o pasado venres 5 de xuño na cidade de Halle, Alemaña, unha ponencia nomeada “dende a grabación analóxica manual ao “Radioco”, un software libre para a grabación automática dixital da emisión en directo en CUAC FM” (“From manual analogical recording to Radioco,

CUAC FM viaxa a Alemaña para participar na CAPTCHA Conference, convidada por Radio Corax

CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña participara na CAPTCHA, a Conferencia Internacional sobre “arquivado de contidos radiofónicos nos medios comunitarios europeos” que organiza a radio comunitaria de Halle (Alemaña), Radio CORAX, os vindeiros 5 e 6 xuño de 2015, co apoio da Unión Europea e na que participarán numerosas radios da rede de AMARC-Europa.

Obradoiro de iniciación á radio con CUAC FM

CUAC FM, A Radio Comunitaria da Coruña, oferta o vindeiro 12 de xuño, un “obradoiro de iniciación á comunicación radiofónica”, en colaboración co Concello da Coruña e o Centro Ágora. Asímesmo, CUAC oferta un segundo obradoiro no mes de setembro, o día 18/09/2015. Para poder participar debes cumprimentar o “formulario de inscripción” e dirixirte ao CENTRO

CUAC participa na asamblea anual da REMC

CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, participou esta fin de semana na asamblea anual da rede de medios comunitarios- ReMC- que se celebrou esta fin de semana, entre os días 8 e 10 de maio, en Vitoria Gasteiz. O proxecto anfitrión foi a emisora libre Radio Siberia cuxa sede tiveron oportunidade de coñecer os

O proxecto “Xóvenes e Terceiro Sector” presentará os seus primeiros resultados en Vitoria-Gasteiz

O Proxecto de Investigación “Mozos e Terceiro Sector da Comunicación“, no que CUAC FM participa, presentará os seus primeiros resultados esta fin de semana en Vitoria, durante a celebración da Asemblea da Rede de Medios Comunitarios (ReMC) que se celebrará os próximos días 7, 8 e 9 de maio en Vitoria–Gasteiz. A emisora libre Radio

CUAC participa nas XIII Xornadas de Sensibilización Intercultural de Ecos do Sur

CUAC FM participou o 23 de abril nas 13 Xornadas de sensibilización Intercultural, convidados pola ONG coruñesa Ecos do Sur, especializada en inmigración e integración social. A nosa compañeira Isabel Lema presentou o proxecto de radio comunitaria CUAC FM, dentro dunha palestra nomeada ““Iniciativas de cidadanía activa en Galicia”, na que tamén interviron a compañeira

CUAC participa no V Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ da USC

CUAC participou no V Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ organizado na USC pola Asemblea de Cooperación pola Paz e a Asociación Galega de Reporteiros sen Fronteiras (AGARESO). Alí estivo o noso compañeiro Mariano Fernández, en representación de CUAC FM que participou nunha palestra sobre “A radio con enfoque de Dereitos Humanos” xunto con representantes de emisoras comunitarias

CUAC FM y la Red de Medios Comunitarios (REMC) organizarán del 11 al 13 de abril el próximo Encuentro de Medios del Tercer Sector

CERCA DE UN CENTENAR DE COMUNICADORES DE TODA EUROPA PARTICIPARÁN EN EL ENCUENTRO EUROPEO DE MEDIOS COMUNITARIOS • Durante el encuentro se celebrará la Jornada Europea de Redes de Medios Comunitarios, la Asamblea anual de la REMC (Red de Medios Comunitarios) y la reunión del Consejo Europeo de la Asociación Mundial de Radios Comunitarias, con

CUAC FM leva a voz das radios comunitarias ao Parlamento Europeo

Sally Galiana (Presidenta de AMARC-Europa) e Isabel Lema (CUAC FM) presentaron as recomendacións das radios comunitarias para a defensa da pluralidade e diversidade cultural nos medios de comunicación. AMARC Europa destacou as necesidades dos medios comunitarios e, en especial, os de radiodifusión a través das linguas minoritarias durante a reunión do Intergrupo para as minorías

CUAC FM no CULTURGAL 2013

“A experiencia de CUAC FM na plataforma goteo.org de Crowfunding” foi a ponencia impartida por Isabel Lema (coordinadora de CUAC) no  Panel de debate no Foro Crowdfunding- CURTUGAL 2013 – Feira das Industrias Culturais de Galicia (Pontevedra, 29 e 30 de novembro e 1 de decembro). Dito foro naceu co obxectivo de debater e intercambiar

CUAC FM no VI Encontro de Arquitecturas Colectivas

CUAC FM presentou no VI Encontro de Arquitecturas colectivas (Valadares-Pontevedra, 11-14 de setembro de 2013) o proxecto “Caixa Máxica” que posibilitou o seu actual Estudio de Gravación Alexandre Bóveda. Os ponentes foron: Ildefonso García de Longoria (arquitecto e socio de CUAC), que describiu as características arquitectónicas do proxecto; Fernando Losada (socio de CUAC e “obreiro”