Novo episodio de ONDA CIENCIA: Xenofobia e racismo desde unha perspectiva interseccional

Analizamos os fenómenos da xenofobia e o racismo con Laura Oso, José Ángel Brandariz e Montserrat Castro, docentes da Universidade da Coruña, cunha longa traxectoria investigadora nos campos da socioloxía, o dereito e as ciencias da educación.

Comeza a 3ª tempada de ONDA CIENCIA analizando o impacto do cambio climático na Coruña

A terceira tempada de ONDA CIENCIA deu comezo cun primeiro programa dedicado á análise dos riscos derivados do cambio climático desde unha perspectiva interdisciplinaria.

ONDA CIENCIA analiza o uso do galego na Intelixencia Artificial

Novo #OndaCiencia: “O uso do galego na IA”, presentado por @sabelabranco, con
@miguel_a_alonso, Sara Guerreiro Santalla e
@jparapar, afondamos no funcionamento dos modelos de IA xenerativa e o seu impacto na educación.

ONDA CIENCIA afonda na calidade de vida nas urbes nun episodio dedicado á construción e urbanismo sustentable

ONDA CIENCIA afonda no coñecemento das das potencialiades dos modelos de construcción e urbanismo respectuosos co ambiente e coa saúde das personas.

ONDA CIENCIA analiza do discurso de odio nos medios

No terceiro episodio de Onda Ciencia abordamos o “discurso de odio” coas profesoras Ana Aba, Ana María González e Montserrat Golías da @Universidade da Coruña

Novo episodio de ONDA CIENCIA: “Saúde Mental”

A saúde mental é un estado de benestar que permite ás persoas desenvolveren todas as súas habilidades, aprender e traballar adecuadamente e contribuír á mellora da súa comunidade. A saúde mental é, ademais, un dereito humano fundamental. En ONDA CIENCIA dedicamos o segundo episodio desta tempada á saúde mental, para afondar nos factores que poñen en risco o noso benestar emocional.

 1 comment

Radio Pardiñas en Cuac Fm

Cuac Fm colabora co proxecto Radio Pardiñas, unha radio que emite as 24h do día durante a semana do Festival de Pardiñas, en Lugo. Radio Pardiñas é un proxecto de Radio Roncudo de Corme, Radio Kalimera de Santiago, Radio Filispin de Ferrol, Radio Liberdade de Ourense, Cuac FM da Coruña e Radio Neria de Corcubión. Desde o

Intelixencia artificial, retos e potencialidades: Novo episodio de ONDA CIENCIA

Hoxe, 1º de agosto de 2023 ás 13 horas emítese o último episodio da 1º tempada de ONDA CIENCIA, o programa de divulgación científica de CUAC FM e a UDC  Neste coloquio adicado á IA participan os profesores: Verónica Bolón, Noelia Barreira, Xulio Xosé Ferreiro e Margarita Alonso Ramos Todos os podcasts están dispoñibles no

Novo episodio de ONDA CIENCIA: Profesionalización do deporte, é cousa de homes?

Mañá martes 25 de xullo, ás 13:00 horas, emitirase en CUAC FM o cuarto episodio de ONDA CIENCIA, no que abordaremos a profesionalización do deporte en Galicia, os avances acontecidos nos pasados anos no deporte galego profesional e tamén as eivas e dificultades aínda existentes, especialmente dende a perspectiva de xénero.

 1 comment

Novo episodio de ONDA CIENCIA! Divulgación científica en galego: utopía ou realidade?

Abordaremos as luces e sombras da divulgación científica en galego con Laura Castro, Casto Rivadulla, Alexandre Peres e Cristina Naya
ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica producido por por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.

 1 comment

Videoxogos: industria, entretemento e valores, novo episodio de ONDACIENCIA

Videoxogos: industria, entretemento e valores, o novo podcast de ONDACIENCIA que se emitirá máña MARTES 19 DE XUÑO ás 13:00 horas pola FM coruñesa, a nosa Web https://cuacfm.org/directo/ e as nosas APPs móbiles.

CUAC FM emite en directo, por streaming, as actividades de ACAMPA 2023

ACAMPA CORUÑA 2023 STREAMING DIRECTO : ACAMPA 2023 en CUAC FM Escoita o que acontece en DIRECTO en ACAMPA 2023, na carpa central nos Xardíns de Méndez Núñez, os días: 16, 17 e 18 de Xuño. A través da web https://cuacfm.org/ACAMPA poderás escoitar en en directo todas as presentacións, charlas de debates que se desenvolverán

A xornada electoral, en CUAC FM

CUAC FM emitirá desde as 19.30h deste domingo 28 de maio un programa especial sobre os resultados das eleccións municipais. O Especial Municipais 2023 poderase seguir na 103.4FM, na web cuacfm.org/directo e nas apps de CUAC para Android e iOS. Ademais, como novidade, o programa será tambén emitido por CUACTV en Youtube e na canle de Telegram.

O debate LGBTI de ALAS Coruña, este xoves en CUAC FM

A radio comunitaria da Coruña emitirá este xoves (25 de maio) desde as 16.00h o debate sobre políticas LGBTI organizado por ALAS Coruña. No debate, que tivo lugar na Fundación Luís Seoane participaron a número 2 da candidatura do BNG, Avia Veira; o número 3 da de Marea Atlántica, Rodrigo Gil; o 4 de Por

Volve escoitar o Especial Ciencia na Rúa 2023

CUAC FM emite este xoves 11 de maio desde as 16.00 o especial Ciencia na Rúa 2023. Un programa especial de máis de 2 horas de duración que se emitiu en directo desde o Parque de Santa Margarida da Coruña o pasado 6 de maio. O programa contou con escolas convidadas da Coruña e da

A liberdade sexual a debate: Exame á Lei do “solo si é si”

“ONDA CIENCIA”, que pretende ser un espazo de divulgación e análise. Neste 1º episodio contamos coas profesoras da UDC Patricia Faraldo, Ana Neira e Teresa Piñeiro para analizar os aspectos máis relevantes da Lei do Solo Si é Si, e desmontar bulos sobre a mesma.

CUAC FM e a UDC estrean ONDA CIENCIA

ONDA CIENCIA é o proxecto de divulgación científica promovido pola Universidade da Coruña e CUAC FM que se emitirá na FM os martes ás 13:00 horas, e tamén en formato podcast Será un de coloquio radiofónico, , sobre temáticas de actualidade, con profesorado e investigadoras/es da UDC O primeiro programa abordará a “Lei do Solo

A gala de estrea do documental “Nada que ver” foi disfrutada por case 400 persoas no Teatro Colón

O xoves 10 de febreiro quedará marcado na historia de CUAC FM e da cidade da Coruña. A Radio comunitaria da cidade celebraba a Estrea Mundial do documental “Nada que ver” dirixido por Iago Prada. A gala foi presentada con humor por Lucía Veiga e Víctor Grande, co cameo de Xosé Ramón Gayoso para sorpresa

CUAC FM convídache a participar en “Radio Pat(i)o”, un programa especial en tempos de confinamento

Radio Pat(i)o é un programa que pretende ser educativo, entretido, socialmente responsable, divertido, e dirixido para toda a familia.

 1 comment

Cuac FM altera a sua programación para previr os riscos asociados ao Covid-19

Seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, dende Cuac FM queremos informarvos da implantación dun plan de medidas especiais que se estenderá á nosa actividade como medida de responsabilidade e prevención ante a situación de excepcionalidade provocada polo virus Covid-19.

EnBoxes retransmitirá mañá o 24º Rallye A Coruña

Mañá sábado 29 de febreiro, o equipo de EnBoxes retrasmitirá o 24º Rally da Coruña nun programa especial que comezará ás 08:00 da mañá e cubrirá todo o evento.

CUAC FM entrevista a Fernando Martínez Abella, candidato de Impulso Renovado a Reitor da UDC

Dentro da cobertura especial que CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, realiza das eleccións ao reitor da Universidade da Coruña (que se celebran o vindeiro mércores 4 de decembro de 2019) , CUAC FM entrevistou a Fernando Martínez Abella.

CUAC FM entrevista a Julio Abalde, candidato de Nova Luce a Reitor da UDC

Dentro da cobertura especial que CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, realiza das eleccións ao reitor da Universidade da Coruña (que se celebran o vindeiro mércores 4 de decembro de 2019) , CUAC FM entrevistou a Julio Abalde Alonso.

Eleccións UDC 2019. Debate entre os candidatos en CUAC FM. Sábado 30, 12:00 da mañá

Debate en directo cos dous candidatos á reitor, Julio Abalde Alonso e Fernando Martínez Abella, que se emitirá mañá sábado 30 de novembro, en directo, ás 12 da mañá. O debate poderase seguir no 103.4 da FM (A Coruña) e a través do noso streaming na web https://cuacfm.org/directo

 1 comment

Cuac FM na Open Source Hardware Demonstration 2019

Mañá, sábado 9 de novembro, Internet de Tu Color Favorito grabará un programa de 18:00 a 20:00 desde a Domus con motivo da OSHWDem de BricoLabs

Cuac FM no VII Open Cidade da Coruña de Pádel

Minority Sports cubrirá o evento o domingo de 18:00 a 20:00

Cuac FM celebra o 8M cunha programación especial que aborda a situación da muller en todas as áreas da vida

Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña conmemora o 8M cunha programación especial que dará cobertura á situación da muller dende unha gran diversidade de perspectivas. A emisora de Cuac FM está a celebrar o “Día da Muller”, cunha programación especial que comezou o pasado xoves 28 de febreiro e que rematará o vindeiro 14

Cuac FM, emisora oficial do 23º Rallye da Coruña

EnBoxes retransmite o Rallye da Coruña o sábado 2 de febreiro en Cuac FM Por fin comeza o Campeonato Galego de Rallyes, que arrancará o 1 e 2 de marzo na Coruña. O equipo do programa de motor EnBoxes Cuac FM estaremos no 103.4 da FM informando durante todo o día da evolución dos pilotos por tramos

Semana Pola Eliminación da Violencia Contra a Muller en Cuac FM 103.4

A radio comunitaria da Coruña non podía deixar de tratar un dos grandes problemas da nosa sociedade. Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional Pola Eliminación da Violencia Contra a Muller, esta semana poderás escoitar os seguintes programas especiais en Cuac FM: O luns ás 7 da tarde, Cuak’N’Roll tratará temas musicais que aborden

Cuac Fm realiza un programa especial sobre o Festival Noroeste Estrella Galicia 2018

CUAC FM emite un especial de 3 horas de duración sobre o Festival Noroeste Estrella Galicia. Xa tes dispoñible para escoitar (e compartir) cando queiras o audio do programa: Podcast do Programa Especial CUAC FM Festival Noroeste 2018 Equipo: Julia Huertas, Estela López, Paula Alonso, Ozzy de Castro, Noel Miguélez, Rubén Orión, Tomi Desastre e