Acrobacias sobre un Queso Rancio, novo programa en CUAC FM

A actividade en CUAC FM non para. Despois da Pascua, a radio comunitaria da Coruña estrea un novo programa en directo na súa grella: Acrobacias sobre un Queso Rancio. Será o programa número 496 da historia de CUAC.

Con ese nome tan suxerente, de que vai o programa? Isto é o que nos din desde a dirección do novo espazo:

De las infinitas posibilidades que ofrece el magma de “lo radiofónico”, apuntamos a lo “deliberadamente ambiguo”, lo “absurdamente elitista” y lo “grandilocuentemente subversivo”. Pero, por encima de todo, odiamos a los pedantes que usan adjetivos y adverbios hasta las resonancias insondables de la ordinariez. En fin.

Acrobacias sobre un Queso Rancio

Bea Ulalume e Manuel Ramas estarán en directo na 103.4 FM todos os luns ás 17.00. Se perdes o directo podes escoitar o podcast na app gratuita de CUAC ou na nosa plataforma de podcasts.

Compartir