O pasado sábado 30 de setembro a Sala Mardi Gras acolleu un ano máis a Batalla de Bandas da XXV Edición do Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM, que conta co apoio da Deputación da Coruña.
A banda murciana Vuelve Abril e a carballesa Apart foron as elexidas polo xurado para disputarse o primeiro e o segundo posto, dotados con 1.000 euros e 900 respectivamente.

Vuelve Abril durante a súa actuación

O público respostou a esta noite de rock de estilos moi diversos musicalmente. Tras deliberar o xurado ao finalizar as dúas actuacións, Apart, por escasa marxe, foi elexida gañadora desta edición.

Apart dende Carballo durante a súa actuación

No descanso entre as duas bandas entregouse o premio “Eva Coyote” á Mellor Banda Local que foi nesta ocasión para Wasted Wilstons que recolleron o seu premio coa emoción que merece, xusto cando están grabando o seu primeiro disco. O premio é de 900 euros.

Wasted Wiltons recollendo o seu premio

Ao final, un ano máis, houbo total compañeirismo entre as bandas finalistas e a música voltou ser a gañadora.Vémonos na XXVI edición. Grazas ás máis de 120 bandas que se presentaron e, un detalle, queda por entregar un premio:A mellor canción en galego. Será antes de que finalice o 2023 cando se saiba. Porque, atención, este XXV aniversario ven acompañador dunha importante celebración: 5 conciertos de bandas locais e unha edición literaria. Pronto, máis detalles!

As duas bandas e parte do xurado xuntos no esceario da Sala Mardi Gras

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.