• A Asistencia ao congreso  é gratuita, previa inscripción na Web: https://cuacfm.org/congreso-2022/  
  • O congreso reunirá a unha centea de comunicadores, investigadores, profesores e activistas do Terceiro Sector 
  • O congreso celebrarase no PARANINFO DA UDC, e conta co patrocinio do CONCELLO DA CORUÑA

OI Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios” busca xerar un espazo de diálogo e aprendizaxe, a través da presentación de experiencias, investigacións e debates interdisciplinares entre expertos no eido da educomunicación e da cultura libre, e activistas, investigadores e docentes da comunicación participativa. 

Entre o programa do congreso destacan as conferencias de JOSÉ EMILIO PÉREZ MARTÍNEZ, quen impartirá a Conferencia inaugural: A traxectoria das radios libres e comunitarias como escolas de radio por e para a cidadanía; das profesoras da UDC MARÍA BARBA e PATRICIA DIGÓN; de SALLY GALIANA, directora da radio comunitaria dublinesa Near FM; da directora do proxecto  Teleduca. Educació i Comunicació, CARME MAYUGO, de Barcelona; e dos activistas SOFÍA PRÓSPER e SANTIAGO SAAVEDRA, creadores de TRAKULA Project: Loitando contra o capitalismo da vixilancia en Internet. 

O congreso reunirá a máis de 30 relatores que representan ao sector dos medios comunitarios españois e internacionais coma OMC Radio, Radio Moratalaz, AMARC, Near FM (Dublín), o CMFE, ONGs e entidades de solidariedade coma a institución PADRE RUBINOS ou as ONGs ECOS DO SUR, AGARESO, ACCEM, Arquitectos sen Fronteiras, e proxectos de educomunicación coma PONTE NAS ONDAS, PROXECTO NEO, A FUME DE CAROZO, ou dos recentemente gañadores dun Premio ONDAS, a emisora malagueña ONDA COLOR.

O congreso está organizado por CUAC FM, a Radio Comunitaria de A Coruña, coa financiación do CONCELLO DA CORUÑA, e a colaboración científica do Grupo de Investigación Persona-Ambiente de la Universidade da Coruña, a Red de Investigadores en Comunicación Comunitaria, Alternativa y Participativa (RICCAP), a Red de Medios Comunitarios (ReMC), e o Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira.

INFORMACIÓN CLAVE

  • Celebración do congreso: 24, 25 e 26 de novembro de 2022
  • Lugar: Paraninfo da Universidade da Coruña. 
  • Inscripción gratuita. 
  • Rexistro obrigatorio na Web: https://cuacfm.org/congreso-2022/ 
  • Emitirase un Certificado de Participación no congreso a todas as personas que cumpran os requisitos de asistencia

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.