- Julio Abalde, Reitor da Universidade da Coruña e Isabel Lema Blanco, coordinadora do congreso, inaugurarán o evento
- A Conferencia inaugural será a cargo de José Emilio Pérez Martínez, profesor de Historia Contemporánea na Universidad Complutense de Madrid.
- Máis de 30 ponentes expertos e 100 congresistas reuniránse durante 3 días no Paraninfo da Universidade
- O Congreso é organizado por CUAC FM, e conta coa subvención do Concello da Coruña e o apoio da UDC
Mañá xoves 24 de novembro inaugurarase no Paraninfo da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9) o “I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios” .
Este congreso ten por obxecto xerar un espazo de diálogo e aprendizaxe, a través da presentación de experiencias, investigacións e debates interdisciplinares entre expertos no eido da educomunicación e da cultura libre, e activistas, investigadores e docentes da comunicación participativa.
Entre o programa do congreso destacan as conferencias de JOSÉ EMILIO PÉREZ MARTÍNEZ, quen impartirá a Conferencia inaugural: A traxectoria das radios libres e comunitarias como escolas de radio por e para a cidadanía.
José Emilio Pérez Martínez é actualmente profesor de Historia Contemporánea na Universidade Complutense de Madrid. Doutor en Historia Contemporánea (2017) e Doutor en Xornalismo (2019) pola mesma universidade, tamén foi investigador e docente na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, na Sorbonne Université, na Utrecht Universiteit e na Sapienza Universitá di Roma.
As súas principais liñas de investigación xiraron arredor da historia da radiodifusión española, centrándose na intersección entre esta e a historia das mulleres e nas orixes da radio alternativa no noso país. Entre as súas publicacións destacan os libros La voz de las sin voz. El movimiento de radios libres entre la Transición y la época socialista (1976-1989) (Sílex, 2022) y Radio y mujer (España, 1960-1975). En las ondas de Radio Nacional (Abada, 2020).
É membro de Radio Almenara, emisora comunitaria do norte de Madrid, e participa activamente na Unión de Radios Libres e Comunitarias de Madrid (URCM) e na Rede de Medios Comunitarios (ReMC), así como na Rede de Investigación en Comunicación Comunitaria, Alternativa e Participativa (RICCAP).
PROGRAMA
O congreso reunirá a máis de 30 relatores que participarán nas conferencias plenarias, nos paneis de expertos e nas sesións de comunicacións.
A xornada do venres 25 contará coas conferencias das profesoras da UDC MARÍA BARBA e PATRICIA DIGÓN; e tamén de SALLY GALIANA, directora da radio comunitaria dublinesa Near FM.
Ese mismo día terá tamén lugar o Panel: EMPODERAMIENTO MEDIÁTICO DENDE O TERCEIRO SECTOR, moderado por Yosi Hatillo, e no que intervirán: CLARA DE VEGA (INSTITUCIÓN PADRE RUBINOS), EMMA VELO (ECOS DO SUR), ARIANA F. PALOMO (ASOCIACIÓN LA CIENCIA ES FEMENINO) e RAÚL RODRÍGUEZ-ORTIZ (Instituto de la Comunicación e Imagen de Chile).
O sábado 26 contaremos coas conferencias de CARME MAYUGO e directora do proxecto Teleduca. Educació i Comunicació (Barcelona), e dos activistas SOFÍA PRÓSPER e SANTIAGO SAAVEDRA, creadores de TRAKULA Project: Loitando contra o capitalismo da vixilancia en Internet.
O programa completo do congreso pode consultase en:
ORGANIZACIÓN E APOIOS INSTITUCIONAIS
O congreso está organizado por CUAC FM, a Radio Comunitaria de A Coruña, coa financiación do CONCELLO DA CORUÑA, e a colaboración científica do Grupo de Investigación Persona-Ambiente de la Universidade da Coruña, a Red de Investigadores en Comunicación Comunitaria, Alternativa y Participativa (RICCAP), a Red de Medios Comunitarios (ReMC), e o Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira.
COORDINACIÓN XERAL DO CONGRESO: Dra. Isabel Lema Blanco
COMITÉ CIENTÍFICO: Isabel Lema Blanco. Universidade da Coruña; Alejandro Barranquero. RICCAP, Universidade Carlos Tercero de Madrid; José María Casanova Crespo. Universidade da Coruña; Miguel Rodrigues Midões. Universidade de Coimbra; José Emilio Pérez Martínez. Universidade Complutense de Madrid; Raúl Rodríguez Ortiz. Universidad de Santiago de Chile; Soledad Galiana. Near FM, Dublín, Irlanda; Ángel Barbas Coslado. Universidade Nacional de Educación a Distancia; José Candón Mena. Universidad de Sevilla; Ana Martínez Ortiz de Zárate. Universidade Nacional de Educación a Distancia; Ariana F. Palomo. Universidade de Santiago de Compostela; Fernando Souto González. CUAC FM.
COMITÉ ORGANIZADOR: Mariano Fernández Cabarcos; Fernando Souto González; Isabel Lema Blanco; Tomás Legido; Paula Alonso; Roberto Catoira ; Roberto Ansede; Chus Abeledo; Bea Ulalume; Miguel Anxo Facal; Noel Miguélez; Chema Casanova; Camilo Rey; Ariana F. Palomo; Yosi Ledesma.
2 thoughts on “Arranca o I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios de Comunicación no Paraninfo da UDC”