O xoven artista JAunx levou o segundo premio e Wet Socks o premio á Mellor Banda local e actuarán o 26 de marzo en Mardi Gras.
O sábado 26 de febreiro celebrouse na sala Mardi Gras a Batalla de Bandas do XXIII Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM resultando gañadores os ourensáns TANDUB coa súa proposta multicultural, cun cantante de Marrocos e sumando a pintura en directo homenaxe ao músico galego Narf. O premio é de 900 euros grazas á colaboración da área de cultura da Deputación da Coruña.
O segundo premio levouno un xoven artista que leva moi pouco tempo na mundo da música pero que o xurado da fase previa elexiu pola súa proposta actual e as suas letras. Ofreceu unha actuación orientada ao baile. O seu nome artístico é JAUNX e o premio que se leva é de 800 euros.
No descanso entre ambas actuacións entregouse o Premio á Mellor Banda local dotda con 800 euros, neste caso co apoio económico do Concello da Coruña. Os gañadores nesta edición foron Wet Socks. Actuarán, como parte do premio, o sábado 26 de marzo cun prezo da entrada de 3 euros.
Pronto convocaremos a XIV Edición!! Atención ás nosas redes!