O Xurado do XXIII Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM finalizou a sempre complicada selección entre as case 90 propostas recibidas.

A Batalla final será disputada entre Tandub, unha sexteto de ourense, e Jaunx cantante, compositor e dj vigués. Xa teñen confirmada a súa presenza o sábado 15 de xaneiro na Sala Mardi Gras de A Coruña para ofrecer o seu directo e que o xurado determine quen leva o primeiro posto e os 900 euros de premio. Sendo o segundo de 800 euros.

Tandub
Juanx

Duas bandas serán as suplentes en caso de que por al´gun motivo non puidese actuar algún dos proxectos finalistas. Trátase de Nolan R de Madrid e Not Anymore de Alicante, por esta orde.

O Premio á mellor banda local é para Wetsocks, que actuarán tamén na cidade da Coruña en data ainda por determinar. O seu premio é de 800 euros.

O xurado está composto por nove persoas voluntarias de CUAC FM e polo divulgador musical Pepe Cunha, que dirixe Ábrete de Orellas, programa de radio e páxina web duas veces recoñecido co Premio Martín Codax a Mellor Proxecto de comunicación musical, e David Saavedra, coruñés afincado en Andalución, xornalista musical en múltiples medios e guionista do programa Un País para escucharlo da 2 de TVE.

As entradas para a Batalla Final poderán adquirirse a partires de finais de decembro a un precio de 3 euros, con desconto para socias e socios de CUAC FM. A concerto comezará ás 22:30 horas e as bandas actuarán durante 40 minutos. A orde de actuación decidirase o mesmo día do evento.

Grazas a todas as bandas que decidiron presentarse ao noso concurso, á Deputación da Coruña e ao Concello da Coruña polo financiamento e a o equipo de xurados polo seu tempo e comprosmiso coa cultura musical e as bandas emerxentes. Vémonos en Mardi Gras o 15 de xaneiro.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.