Estela López, docente e compañeira de Cuac FM, prepara semanalmente unha sección no noso programa especial RadioPat(i)o adicada á formación online.

Este período de confinamento é o momento ideal para recorrer ás ferramentas de formación a distancia que ofrecen os medios de comunicación, pero é importante filtrar os contidos aos que temos acceso e empregar aqueles que nos dean a mellor garantía dunha aprendizaxe eficaz e de calidade.

Estela López, docente e compañeira de Cuac FM, prepara semanalmente unha sección no noso programa especial RadioPat(i)o adicada á formación online. Podes escoitar esta sección os luns de 18:00 a 20:00 horas e tamén nos podcasts de radiopatio:

Radiopat(io) episodio 4
Radiopat(io) episodio 9
Radiopat(io) episodio 14

Comunidades autónomas, centros educativos, bibliotecas, editoriais, televisións públicas e diversas entidades culturais están a ofrecer, a través das súas páxinas web, recursos gratuítos para este tempo de espera.

Dende Cuac FM, queremos simplificar a busca de opcións, ofrecéndoche unha selección de recursos online para os peques, os adultos e para estudar idiomas dende a casa.

Para coñecelos, descarga a seguinte artigo elaborado por Estela López.

López, Estela (2020). Formación en los tiempos del cólera. (versión PDF).

Deixa unha resposta a nuno1945 Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.