O sábado 14 de setembro CUAC celebra unha Asemblea aberta á que pode asistir calquera persoa interesada en participar na Radio Comunitaria da Coruña. Será dende ás 11 ata as 13:30 na sede do Centro Universitario de Riazor (CUR) enfrente da Casa da Auga, na aula 1.
Tamén mañá viviremos un programa en exteriores dos Compañeiros de En Boxes que se irán a Narón a emitir de 17 a 19 horas a concentración que alí se celebra de vehículos 4X4.
Por último, pecharemos a xornada cun novo programa que promete contidos ben interesantes xa dende o seu título: Peneirando a educación. Emitirá os sábados de 22 a 23 horas e será un espazo socio-crítico sobre a infancia e adolescencia do século XXI. Tamén regresan a antena Malhumoradas de 21 a 22 horas tras o descanso vacacional.
![CUAC_ASAMBLEA_PECHE_FM](https://i1.wp.com/cuacfm.org/wp-content/uploads/2017/09/CUAC_ASAMBLEA_PECHEFM02.jpg?resize=750%2C366&ssl=1)