CUAC FM ESPECIAL CIENCIA_RUA_2018

Por 7º ano consecutivo, Cuac FM participará mañá, sábado 4 de maio, na 24ª edición do Día da Ciencia na Rúa, cun programa especial, de tres horas de duración que comezará ás 11 da mañá.

Ao longo do programa, un equipo especial de Cuac FM entrevistará a representantes de diferentes institucións e asociacións participantes nesta feira científica, como a Enxeñeira Amal Nnechachi, investigadora do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica (cartoLAB) que nos presentará o proxecto Monelos River Revival” (MonRiveR).

Cando se cumpren 50 anos dende a primeira vez que a humanidade pisou a lúa, falaremos con Borja Tosar, astrofísico e divulgador científico membro da agrupación astronómica Io.

Na vertente tecnolóxica, Entrevistaremos a dous proxectos de divulgación científico-tecnolóxica como “PROJECT DROID” e “BRICOLABS”.

E para falar de tecnoloxía e medio ambiente, arredor das 12 da mañá entrevistaremos ao director da Cámara Mineira Galega para saber un pouco máis sobre a minería sustentable.

Pero os grandes protagonistas do noso programa serán os rapaces e rapazas, e o profesorado procedente de colexios de 14 localidades galegas, que estará nas 47 jaimas xa instaladas no Parque de Santa Margarida. Os reporteiros de CUAC FM visitarán todas as jaimas e entrevistarán aos responsables dos experimentos máis interesantes!

Este programa especial estará conducido por Isa Lema, Chema Casanova e Samu Cao, xunto co traballo dos nosos reporteiros Puerto Pérez, Concha Maneiro, Nuno Cabezudo, Miguel Anxo Facal, Camilo Rey, Ariana F.Palomo e Tomi Desastre. Aos mandos técnicos estarán Alex Cortiñas e Mario Lois. E responsables da produción estarán Bea Ulalume e Fer Liñares.

En total, Cuac FM despregará un equipo de 15 locutores, reporteiros e técnicos de son para dar cobertura a unha actividade científica promovida pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, e que pretende achegar a ciencia á cidadanía a través das ondas radiofónicas.

Cuac FM convida a cidadanía a visitar o estudo de exteriores que estará situado á esquerda da entrada da Casa das Ciencias, baixo os soportais do museo científico máis antigo da cidade.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.