Moción_deputacion_CUACFM

Moción_Pleno Deputación da Coruña sobre Cuac FM

O pasado venres 27 de outubro, o pleno da Deputación Provincial da Coruña, aprobou por maioría unha moción de apoio á CUAC FM, a emisora comunitaria da coruña, e de demanda á Xunta de Galicia para que axilice os trámites da licencia para as emisoras comunitarias, procurando unha solución para a situación de inseguridade xurídica que vive CUAC FM, unha das radios comunitarias máis veteranas da provincia da Coruña.

Así, ante o expediente sancionador incoado pola Xunta de Galicia o pasado mes de setembro, os grupos provinciais de Marea Atlántica, Alternativa dos Veciños, Bloque Nacionalista Galego e Partido Socialista, fixeron pertinentes intervencións de defensa da labor cultural e social desta emisora.

Así, o deputado do BNG Xosé Regueira eloxiou a labor social e a frescura de CUAC FM“.

Ángel García Seoane, deputado por Alternativa Dos Veciños defendeu o necesario labor dos medios libres e a importancia dos medios comunitarios para a democracia, como podedes ver neste vídeo colgado do seu Facebook.

, deputada provincial polo grupo presentou a Moción de defensa de Cuac FM e o dereito á comunicación defendendo o dereito de existencia dos medios comunitarios “Ten que prevalecer o dereito constitucional á liberdade de expresión e comunicación por riba de lexislacións inferiores” e denunciou que “En lugar de amparar aos medios comunitarios a e o Goberno Estatal queren acabar con . Non o entendemos”

O Colectivo de Universitarios Activos, asociación cultural que xestiona a emisora comunitaria CUAC FM é unha das entidades á que a Deputación da Coruña ven apoiando habitualmente a través da convocatoria de subvencións para entidades culturais da provincia da Coruña. CUAC agradece o apoio que tanto a Deputación como os membros do Pleno Municipal ten outorgado a este colectivo dende hai máis de unha década.

Deixar unha resposta