Hoxe, 30 de setembro, ás 21:00 comeza o Maratón Radiofónico co que as socias e socios de CUAC FM despediremos a emisión por frecuencia modulada, ás 01:03:40 da noite do domingo ao luns 2 de outubro.
Serán 28 horas 3 minutos e 40 segundos consecutivas de emisión, producidas polas voluntarias da emisora, así como antigos colaboradores que se sumaron a este programa especialA partires dese momento, CUAC FM apaga a súa emisión no dial do 103.4 da FM.
Esta decisión é ocasionada polo expediente sancionador aberto pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia pola emisión sen licencia.
Hoxe CUAC FM quere seguir sendo un espazo aberto a comunidade, polo que vos podedes achegar nesta despedida pola Zapateira para despedir o 103.4 FM, participade a través do chat do directo CUAC FM, no teléfono de directo 881 01 22 32 ou deixando mensaxes e audios no Whatsapp no número 644737303
Se non nos podes escoitar na FM, sempre está dispoñible o streaming por internet en https://cuacfm.org/directo ou descargar a App movil (Android) (iPhone)
Quen teña honra, que nos siga. #CuacResiste
A programación das máis de 28 horas consecutivas de directo constará dos seguintes espazos radiofónicos especiais:
Hora | Programa |
21:00 | Y a tí que te importa |
22:00 | Simplemente gente |
23:00 | Mi rollo es el rock |
0:00 | La tarde a nuestra manera |
1:00 | Spoiler CUAC FM |
2:00 | El Desinformativo |
3:00 | El Desinformativo |
4:00 | Perforacción |
5:00 | Daniel Paglia |
6:00 | Daniel Paglia |
7:00 | Daniel Paglia |
8:00 | A radio dos gatos |
9:00 | Nubes de Papel |
10:00 | Folk in trío |
11:00 | En Boxes |
12:00 | Radiantes |
13:00 | La hora del Rock and roll |
14:00 | Lucas (Dentro de un Orden) |
15:00 | Radiocassette |
16:00 | Millenial |
17:00 | Recendo |
18:00 | Loco Iván |
19:00 | Lali & Friends |
20:00 | Cuac and Roll |
21:00 | Héctor Está a Pasar |
22:00 | Sin Etiquetas |
23:00 | Circo Pirata |
0:00 | Especial Jam session peche |
1:03:40 | … pasamos a Internet |