Radio Barrio é un proxecto de CUAC FM dentro do ciclo de actividades Cultura de Barrio do Concello da Coruña.
A idea é consiste en realizar un Programa de Radio sen límites, cheo de imaxinación e misturando ideas e coñecementos de artistas da cidade de diversas disciplinas. Pode inscribirse xente da Coruña maior de idade. O sábado 22 será unha mañá adicada a formación básica en radio e á formación de equipos de traballo para as diversas seccións e ideas que verán a luz no programa en directo e con público que se fará o día 29 tamén pola mañá. Entre eses dous días haberá un traballo (levadeiro) para producir os diversos espazos e seccións que completarán duas horas de radio que se emitirán por CUAC FM (en directo ou en diferido).
PARTICIPACIÓN SEN NINGÚN CUSTE ECONÓMICO

Podes inscribirte directamente neste formulario: Radio Barrio CUAC FM Monte Alto
Máis información en comunicacion@cuacfm.org

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.