CUAC FM realizará este sábado 29, dende ás 11:30 ás 13:30 un programa de radio con público dende o Centro Cívico de Monte Alto.  A entrada é totalmente gratuita.

O salón de actos acollerá a primeira experiencia de Radio Barrio, un programa realizado por artistas e por locutoras e locutores de CUAC FM. Convidamos a todas as persoas que queiran asistir a disfrutar dunha mañá experimentando con este medio de comunicación tan popular e coas persoas que desenvolven a sua creatividade no barrio e máis alá.

Lembra, sábado 29 ás 11:30. Unha convocatoria para xente de todas as idades!

Deixar unha resposta